GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Caldas conmemora o Día das Persoas Inmigrantes cunha xornada de convivencia

(16/12/2011)

Caldas conmemora o Día das Persoas Inmigrantes cunha xornada de convivencia

Autor:
c. b. pontevedra / a voz
Data

Caldas conmemorará o Día Internacional das Persoas Inmigrantes, que se celebra o 18 de decembro, con dúas actividades organizadas pola asociación Plural.é. A primeira terá lugar este domingo e consistirá nunha xornada de convivencia que se desenvolverá, de 12 a 17 horas, no Auditorio Municipal da localidade.

O programa comezará cunha charla da profesora da USC Mar Lorenzo, do grupo de investigación Esculca, sobre a reforma da lexislación en materia de inmigración e sobre a importancia da participación activa das persoas procedentes doutros países. A continuación, a asociación Plural.é celebrará a súa asemblea anual para elixir nova directiva, ademais de deseñar o calendario de actividades para o 2011. Como broche se degustarán pratos típicos de cada país. Se algún inmigrante fincado en Caldas desexa participar pode facelo chamando ao teléfono 696 670 440 ata este sábado.

A segunda iniciativa está dirixida a alumnos do IES Aquis Celenis e terá lugar o 21 de decembro, mércores. Catro asociados procedentes de Europa, América e África contarán aos estudantes as súas experiencias á súa chegada a España e as súas dificultades. O obxectivo é concienciar para fomentar a tolerancia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas