GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Amnistía Internacional esixe o cesamento das redadas

(15/12/2011)

Amnistía Internacional esixe o cesamento das

A ONG pide ao Goberno que prohiba os controis raciais da Policía

D. AYLLÓN Madrid 15/12/2011
Una agente identifica a inmigrantes en el barrio de Lavapiés (Madrid).-

Unha axente identifica a inmigrantes no barrio de Lavapiés (Madrid).-EDU LEÓN

A maioría das organizacións sociais que traballan con inmigrantes en España (desde a asistencial católica Cáritas ata a activista Brigadas Veciñais de Observación de Dereitos Humanos) denunciaron nos dous últimos anos os controis de identidade selectivos que realiza a Policía aos estranxeiros, unicamente cando os seus trazos étnicos son diferentes dos prototipos europeos.

Onte, Amnistía Internacional (AI) sumouse a esta reivindicación coa presentación do informe Parar o racismo, non ás persoas: perfís raciais e control da inmigración en España. A organización subliñou o carácter "discriminatorio, ilegal e humillante" destas prácticas, e esixiu ao novo Goberno dúas accións: que recoñeza que a Policía realiza este tipo de "controis raciais" e que os prohiba expresamente.

AI asegurou que estes controis baseados en trazos étnicos "danse a diario" e que son "prácticas habituais, que forman parte da paisaxe urbana" de cidades como Madrid, onde se centrou a investigación. De feito, a ONG asegura que unha parte da poboación está xa "moi afeita ver axentes nas bocas de metro, paradas de autobús ou locutorios, á espera de que cheguen persoas con determinados trazos físicos, para pedirlles a documentación, aínda que se trate dunha "violación de Dereitos Humanos en toda regra", salientou AI.

A pesar da denuncia case unánime das ONG (apoiada tamén polos sindicatos de Policía SUP e UFP), o Ministerio do Interior sempre negou que se realicen estas prácticas ou que dea instrucións aos axentes para saír á captura de inmigrantes en situación irregular.

Polémica circular
En 2009, filtrouse unha polémica circular policial, que esixía á comisaría de Vila de Vallecas (Madrid) deter a un mínimo de 35 irregulares semanais. O que entón era titular do Ministerio do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, reiterou a mesma defensa: "Nego rotundamente que a Policía faga redadas indiscriminadas no noso país, por unha razón ben sinxela: esas redadas indiscriminadas están sinxelamente prohibidas, son ilegais".

A directora adxunta para Europa de AI, Jezerca Tigani, recoñeceu onte o dereito do Goberno español a controlar a chegada de inmigrantes, "pero non á conta de discriminar en base a criterios étnicos", o que ademais está provocando rexeitamentos automáticos de solicitantes de asilo de países onde a súa vida corre perigo. Tigani confirmou discriminacións policiais similares en Italia, Francia, Grecia, Alemaña e Austria, aínda que "non tan estendidas" como en España.

Aínda que, os gobernos italiano e francés tamén realizaron redadas con cidadáns romaníes e magrebís, Tigani mostrouse sorprendida polas redes de cidadáns españois que se organizaron para denunciar os controis discriminatorios a estranxeiros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas