GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cociña que non entende de idiomas nin de culturas

(23/11/2011)

Cociña que non entende de idiomas nin de culturas

Autor:
bea costa
Data de publicación:

Julián, onte preparando canapés de Nadal no curso de cociña para inmigrantes que organiza Cáritas Interparroquial. fotos martina miser

O comedor de Cáritas Interparroquial de Arousa (Vilagarcía) acolle durante este mes un curso de cociña para inmigrantes. Á fronte dos fogóns está Julián Alberto Domínguez Arias, que algo sabe do tema, non en balde, ademais de propietario, exerce de cociñeiro na tapería A Parra. Catro tardes por semana deixa a rutina para rodearse dun público especial: quince persoas de procedencias tan dispares como Rusia, Romanía, Marrocos ou Ucraína. Hai cousas que non cambian. Polo que se ve, a cociña segue sendo cousa de mulleres. No grupo só hai dous homes: un romanés e un venezolano. Este último non acudiu onte pero si estaba Constantín quen non tivo reparo en varrer para casa. Os pratos que lles ensina Julián gústanlle, «pero a nosa cociña é mellor [a romanesa], porque é nosa», sinalou nun correcto español. Non todos manexan o idioma con esa fluidez pero iso non lles impide tomar boa nota das clases, caderno en man.

 

 

Probas en casa

Bautina ata fixo prácticas en casa. Probou co flan e o plátano flambeado. O primeiro prato foi un éxito, pero o segundo, non tanto. A receita de plátano require un chisco de licor ou coñac, e como o alcol é incompatible coa súa relixión, a musulmá, a moza marroquí non deu co punto. Julián ten remedio. Nestes casos sempre se pode recorrer ao zume de laranxa, sinalou. O profesor di estar encantado cos seus alumnos e estes, co cociñeiro. «El explícao todo moi ben», apuntaban onte mentres preparaban uns canapés de queixo fresco con noces.

 

Canapés de Nadal

O curso fai fincapé na gastronomía tradicional de Galicia e España, sempre seguindo a máxima da economía e coidando moito os detalles da decoración. «En moitos casos, a comida entra polos ollos», explica Julián. «Tratamos de ensinarlles a preparar pratos de aquí, que non resulten moi caros pero co curso tamén se busca a integración social e laboral destas persoas». A sesión de onte estaba dedicada aos entrantes de Nadal, pero o menú é en grao sumo variado. En dúas semanas, da cociña de Cáritas saíron zamburiñas á galega, guisos, pescada con salsa verde, peixe en escabeche, bacallau ao pipil, mexillóns tigres..., e unha ampla gama de sobremesas. Estes últimos días de curso, vaise a dar a volta á tortilla. Por iniciativa de Francisco Fernández, o presidente de Cáritas, serán os alumnos quen cociñen as especialidades dos seus países.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas