GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia situouse en 36.289 en outubro

(22/11/2011)

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia situouse en 36.289 en outubro

Pescadero, autónomo, pyme, comercio

Foto: EUROPA PRESS
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Nov. (EUROPA PRESS) -


O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia situouse en 36.289 en outubro de 2011, o que supón un decrecemento interanual do 7,18 por cento. En toda España, a media de afiliados estranxeiros elévase ata 1.785.362.



Así se desprende da estatística publicada este martes polo Ministerio de Traballo e Inmigración, na que se aprecia que Galicia é a sexta comunidade con menor número de afiliados estranxeiros, por diante de Cantabria (11.902), Asturias (15.015), Navarra (25.654), Estremadura (16.407) e Navarra (25.654).

Por sectores de produción, é a hostalería a que achega un maior número de afiliados estranxeiros en Galicia, cunha media de afiliación en outubro de 5.792 traballadores do réxime xeral e 1.077 do réxime especial de traballadores autónomos.

Por detrás, séguelle o comercio e a reparación de vehículos de motor e bicicletas, cunha media de 5.053 traballadores entre os dous réximes. Nestes dous sectores, a procedencia maioritaria dos seus traballadores estranxeiros é de fóra da Unión Europea.

O seguinte ámbito que rexistra un maior número de afiliacións á Seguridade Social de estranxeiros é a construción, cunha media en outubro de 4.246. Con todo, neste caso, os traballadores proceden maioritariamente do marco comunitario europeo.

PROCEDENCIA
En canto ao réxime xeral, a maioría dos empregados europeos afiliados á Seguridade Social --10.709-- foron portugueses (6.396) e romaneses (1.702). De fóra da UE, a afiliación foi de 13.288 traballadores en Galicia, dos que 1.884 eran colombianos e 1.590, brasileiros.

No que respecta aos autónomos, dos 2.312 europeos, 1.228 foron portugueses. Entre os 2.675 extracomunitarios, 731 procedían de China. No réxime agrario, a súa maioría veñen de Romanía (542) e Marrocos (257), mentres que no do mar, son 227 os procedentes do país luso e 389 os peruanos.

Para o traballo do fogar, déronse 349 altas en outubro en Galicia de empregados europeos, dos que 159 eran de Portugal. Entre os 3.778 traballos a persoas de fóra da UE, os colombianos fixéronse con 533.

DATOS NACIONAIS
No total estatal, a Seguridade Social perdeu 31.300 cotizantes estranxeiros en outubro, un 1,7% en relación ao mes anterior, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.785.362 ocupados.

Con este descenso de outubro, o sistema da Seguridade Social encadea catro meses de perda de afiliados estranxeiros tras rexistrar en xullo, agosto e setembro un total de 1.142, 19.715, e 13.384 baixas, respectivamente.

Do total de inmigrantes inscritos na Seguridade Social ao finalizar o décimo mes do ano, 1.141.733 cotizaban ao Réxime Xeral; 245.068 ao Réxime Agrario; 210.143 ao de Autónomos; 182.774 ao do Fogar; 5.020 ao do Mar, e 623 ao do Carbón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas