GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un equipo con 12 acentos diferentes

(08/11/2011)

Un equipo con 12 acentos diferentes

Autor:
Pablo Portabales
Data de publicación: 8/11/2011

 O presidente, Jean-Philippe, é francés; o adestrador, Francisco, angoleño; o capitán, Gabriel, Gaby, arxentino. É un equipo de fútbol que desde esta tempada xoga na liga da Agrupación de Peñas e cuxo acertado nome é Mosaico. Os seus integrantes suman ata 12 nacionalidades diferentes. «O equipo forma parte do proxecto Peña Mosaico, que persegue a integración social e cultural. Queremos promover as vantaxes que se obteñen cando aprendemos a coñecernos mutuamente, a traballar conxuntamente e a pornos ao servizo do outro mediante o deporte, neste caso o fútbol», resume Jean-Philippe, o presidente-xogador, que en último partido foi o primeiro en chegar para pintar o campo e arranxar os vestiarios. Contan cun local en Vilaboa grazas á colaboración do Concello de Culleredo no que prestan axuda aos inmigrantes. No meramente deportivo o equipo vai a máis e gañou os seus primeiros partidos, pero nos comemos goles... porque non xogamos como un equipo, ao ser xente de tantos sitios diferentes...», reflexiona o responsable deste equipo con 12 acentos diferentes. O porteiro, Rafaury, alcumado Chulito, é dominicano, e, ademais dalgúns españois, entre o resto do persoal hainos de Uruguai, Mali, Holanda, Arxentina, Brasil, Italia, Colombia e ata contan cun sueco. «Este proxecto, máis aló do deporte, é unha aventura humana cuxa meta é ambiciosa», destaca Jean-Philippe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas