GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración entrega os diplomas de sete cursos de formación para inmigrantes en Lugo

(07/11/2011)

Emigración entrega os diplomas de sete cursos de formación para inmigrantes en Lugo

 
Trátase de iniciativas relacionadas coa mecánica de automóbiles, camareira e camareiro en establecementos hostaleiros, recepcionista de hotel, cociña, arranxo e recuperación de roupa, atención sociosanitaria a domicilio, e camareira e camareiro.



Mañá luns terá lugar o acto de entrega dos diplomas acreditativos correspondentes a sete cursos de formación para inmigrantes desenvolvidos en Lugo os pasados meses. Trátase de novas iniciativas sufragadas pola Secretaría Xeral de Emigración dentro da liña de accións que axuden á integración social e laboral da cidadanía estranxeira, desenvolvidas en colaboración con entidades sociais.

Cadanseu documento acreditativo será entregado ao alumnado entre as once da mañá e as cinco da tarde, en diversos actos que terán lugar na capital luguesa, e que contarán coa presenza do xefe do Servizo de Planificación e Formación da Secretaría Xeral da Emigración, Joan Ribot. Estes cursos están sufragados con partidas orzamentarias da Secretaría Xeral da Emigración cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

A Secretaría Xeral tivo sempre presente, á hora de decidirse polos proxectos a subvencionar, o interese da iniciativa candidata, e a compensación coas vilas e comarcas con meirande presenza, porcentual e global, de poboación inmigrante e retornada, así como a demanda real do mercado laboral. As organizacións beneficiarias teñen e terán, por descontado, que acreditar documentalmente as accións formativas pertinentes para cobraren as axudas oficiais.

 

Percorrido
O reparto dos diplomas comezará ás 11:00 da mañá na sede da ACH, Asociación de Centros Homologados (Praza de Santo Domingo, 9) coa entrega dos do curso de Arranxo e Recuperación de Roupa, Atención Sociosanitaria a Domicilio e Camareira/o. Despois, ás 12:30 da mañá na sede da CEHOSGA, Confederación de Empresarios da Hostalaría de Galicia (Rúa Ramón Montenegro, 15) entregaranse os dos cursos de Camareira e camareiro de Establementos Hostaleiros, Recepcionista de Hotel, e Cociña. Finalmente, ás 17 horas, e na sede de APREVAR, Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (na Estrada de Vegadeo, 56, na Campiña) farase entrega dos documentos correspondentes ao curso de Mecánica de Automóbiles.

Os cursos teñen unha duración de entre 90 e 150 horas, sempre con maioría de tempo dedicado á práctica. Canto á orixe do cento de persoas que compoñen o alumnado, había aprendices retornadas e retornados con cidadanía española, pero a inmensa maioría eran residentes en Lugo nadas e nados en América ou países europeos extracomunitarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas