GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A secretaria de Estado avoga por un maior diálogo entre países para afrontar os retos do novo contexto migratorio

(04/11/2011)

Foto referente a la noticia

Anna Terrón: "Xestionar a mobilidade require de instrumentos globais"

A secretaria de Estado avoga por un maior diálogo entre países para afrontar os retos do novo contexto migratorio

3 nov 2011. A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, destacou hoxe en Milán a necesidade de alcanzar "novas respostas internacionais no actual contexto migratorio global". Anna Terrón referiuse a este novo escenario no Global Migration Summit, un congreso internacional sobre mobilidade transnacional que se celebra ata mañá en Milán.

"Hoxe, cando as distancias son máis curtas, cando os bens, o capital e o talento non entenden de fronteiras, xestionar a mobilidade require de instrumentos globais", recalcou a secretaria de Estado. Neste novo contexto, engadiu Anna Terrón, "é necesario un diálogo permanente e unha estreita cooperación cos países de orixe e de tránsito da inmigración".

En Milán, a secretaria de Estado tamén avogou por alcanzar unha política migratoria común na UE, que debe estar conectada coas outras políticas europeas, e tamén coas realidades dos veciños da Unión. Tras recordar que "a Euromediterránea é unha das rexións de máis mobilidade do mundo", Anna Terrón asegurou que "a inmigración é un elemento de transformación para os países de ambas as riveiras e as políticas migratorias deben ser unha oportunidade para todos para mellorar as nosas relacións e afrontar novos retos".

A secretaria de Estado tamén falou da inmigración irregular, "a cara máis dramática" das migracións: "Debemos loitar xuntos contra a irregularidade, como levamos facendo en España durante os últimos sete anos, para asegurar que quen se despraza en busca dunha oportunidade poida facelo con garantías de éxito".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas