GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reunirase en Ourense o vindeiro 15 de decembro

(19/10/2011)

A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reunirase en Ourense o vindeiro 15 de decembro

 
 
Mércores, 19.10.2011
  • A reforma da Lei de Galeguidade será un dos eixos da xuntanza anual do máximo órgano permanente de representación da diáspora.

  • A Xunta preferiu pospoñer a convocatoria ata a data indicada para evitar interferencias electorais na reunión.



O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, ven de convocar oficialmente a xuntanza da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o vindeiro 15 de decembro en Ourense, segundo resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

Nesta xuntanza verase o informe xeral de actividades presentado polo propio secretario xeral, e tamén un informe específico sobre a a reforma da Lei da Galeguidade, proxecto que se pretende debata o Parlamento de Galicia no máis breve prazo posible de tempo. Tamén se verán os asuntos que se deben tratar no plenario do Consello de Comunidades Galegas o vindeiro ano 2012, e finalmente haberá unha rolda de intervencións libres, onde os membros da Comisión poderán reflectir as súas achegas e opinións sobre os temas de actualidade da diáspora.

A Comisión está composta por 16 membros. Dous sono por razón do seu cargo: presidente da Xunta e secretario xeral da Emigración. Outros dous son membros permanentes: un do Centro Galego de Bos Aires, e outro da Casa de Galicia de Montevideo, polas respectivas importancias histórica e numérica na diáspora destes dous centros senlleiros. E os outros doce membros son electos: catro representantes dos centros do resto de España, catro dos do resto de Europa, e os outros catro dos centros de América. En tódolos casos, e como marca a normativa, os centros han estar inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas.

A Comisión Delegada funciona como órgano permanente entre plenarios do Consello de Comunidades Galegas, e reúnese anualmente. A última xuntanza tivo lugar o pasado 12 de agosto de 2010. Neste 2011, foi vontade da Secretaría Xeral da Emigración evitar que a súa xuntanza puidese ter interferencias de carácter electoral, polo que a data de celebración foi fixada para cando se coñeza con seguridade a natureza do futuro Goberno español.

O Consello
O Consello de Comunidades é o órgano representativo da emigración galega, da Galicia do exterior. Con carácter deliberante e funcións consultivas, a última reunión do seu plenario –que, por norma debe celebrarse cada tres anos- tivo lugar en Montevideo en decembro de 2009, polo que ao longo do 2012 deberá levarse a cabo a seguinte reunión plenaria.

 

Convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas