GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha guía informa sobre os dereitos dos inmigrantes irregulares

(10/10/2011)

Unha guía informa sobre os dereitos dos inmigrantes irregulares

Venres, 07 de Outubro de 2011

Os inmigrantes que se atopan en situación irregular en España poderán coñecer mellor os seus dereitos por medio dunha guía que publicaron o Colexio de Avogados de Madrid e a organización Pobos Unidos. Nela se acalra que a estancia irregular é unha infracción administrativa, que non sempre está sancionada coa expulsión, senón tamén cunha multa.

PINCHA AQUÍ PARA CONSULTAR A GUÍA ON LINE 

Baixo o título 'Estancia irregular: Multa ou expulsión?', a publicación entrega información actualizada e útil sobre os dereitos e obrigacións aos inmigrantes 'sen papeis' e tamén aos encargados da súa asistencia xurídica.

Tamén aclara que os estranxeiros 'sen papeis' non son delincuentes, a pesar de que se lles aplican medidas cautelares como detencións ou internamentos, e que a multa é a sanción xeral por estancia irregular, segundo a lexislación española.

De feito, a normativa só prevé a utilización dos procedementos de urxencia e a expulsión para os casos máis graves e a privación de liberdade como último recurso.

A guía, da que se editaron medio milleiro de exemplares, distribuirase na quenda de oficio, en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE), en colexios de avogados, embaixadas e consulados, organizacións sociais que traballan con inmigrantes en situación irregular e administracións públicas como os ministerios de Interior e Traballo. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas