GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xunta e rexistradores da propiedade colaboran en determinar a titularidade dos bens pertencentes aos e ás emigrantes galegos e galegas

(03/10/2011)

Xunta e rexistradores da propiedade colaboran en determinar a titularidade dos bens pertencentes aos e ás emigrantes galegos e galegas

 
 
Venres, 30.09.2011
  • Mercé ao convenio asinado entre Emigración e o Colexio que representa a estes profesionais, miles de persoas beneficiaranse dunha administración máis áxil.

  • Para moitos paisanos e paisanas na diáspora, a demostración da propiedade dun ben pode significar un alivio económico moi importante.

 

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, e mailo decano do Colexio de Rexistradores das Propiedade e Mercantís de España, Alfonso Candau, asinaron esta mañá en Compostela un convenio de colaboración que ten por finalidade facilitar os trámites administrativos a milleiros de emigrados galegos e galegas e os seus herdeiros e herdeiras na diáspora.

Así, e por mor do documento hoxe asinado, o devandito Colexio comprométese a “realizar as pescudas que posibiliten determinar a titularidade de bens inmobles pertencentes a emigrantes galegos”, con especial preferencia cara aqueles que saíron da terra desde 1950 en adiante.

Trátase dunha medida demandada en numerosas ocasións pola diáspora, toda vez que tanto os emigrados e emigradas na segunda metade do século XX coma os seus fillos e herdeiros, atópanse con todo tipo de dificultades para probar a posesión de predios, edificios e demais bens que deixaron na terra natal.

Estas dificultades, inherentes ao proceso de demostración da titularidade, agrávanse pola distancia, a elevada idade de boa parte dos beneficiarios, e a fonda crise que atravesan algúns países de acollida destes e destas emigrantes, nomeadamente as repúblicas americanas de Cuba e Venezuela.

Sen custo engadido
O convenio asinado especifica que este esforzo especial por parte das e dos rexistradores da propiedade e mercantís non suporá ningunha contraprestación económica, e tamén estipula un modelo anexo que se usará para a remisión da solicitude de información por parte dos interesados en facer uso do mesmo.

No texto do documento, igualmente, contémplase a data de vixencia ata a fin de 2012, “se ben prorrogarase de xeito automático e por anos naturais sempre que previamente non sexa denunciado por unha das partes”, segundo reza o propio convenio.

Durante a sinatura, Camba e Candau coincidiron en sinalar a importancia da colaboración entre a Administración e as e os profesionais encargados de dar fe da titularidade dos bens, por canto para moitos e moitas membros da diáspora estas propiedades poden supoñer a diferenza entre unha supervivencia difícil ou unha madurez economicamente tranquila.

Así, Camba afirmou que “é a nosa obriga intentar tódolos camiños para que os nosos paisanos, especialmente os de maior idade e aos que de maneira máis forte esta azoutando a crise, poidan sorteala coas mellores garantías. E moito máis se, como se pretende con este convenio, poden demostrar que posúen bens que deixaron na Galicia territorial”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas