GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 75% dos africanos con residencia ten un permiso de longa duración

(29/09/2011)

O 75% dos africanos con residencia ten un permiso de longa duración

Xoves, 29 de Setembro de 2011

trabajadoraO 75% dos inmigrantes africanos con cartón de residencia conta cun permiso de longa duración, o de máxima estabilidade administrativa. Segundo datos de xuño de 2011, o 65% dos estranxeiros con nacionalidades extracomunitarias conta con este tipo de autorización.

Segundo datos publicados polo boletín do Observatorio Permanente Andaluz das Migracións (OPAM), o ritmo de crecemento do número de estranxeiros con certificado de rexistro ou cartón de residencia en vigor volveu a acelerarse durante o primeiro semestre de 2011 logo da retardación observada durante os dous últimos anos.

A metade de 2011, había 400.100 estranxeiros máis en situación regular no conxunto do país en comparación con xuño do ano anterior, acurtándose a marxe de diferenza numérica respecto da poboación estranxeira empadroada.

Entre os africanos, os marroquís son o grupo que ten maior número de cartóns de residencia de longa duración. Séguenlles os orixinarios da Europa non comunitaria, cun 68% e os asiáticos, colectivo no que o 63% conta con permiso de longa duración. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas