GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anna Terrón: "A inmigración é un elemento crave de transformación para os países Euromediterráneos"

(26/09/2011)

Anna Terrón: "A inmigración é un elemento crave de transformación para os países Euromediterráneos"

A secretaria de Estado aposta por promover un diálogo permanente entre os países de orixe, tránsito e receptores da inmigración, para fortalecer a loita contra a irregularidade

23 setembro 2011. A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, insistiu hoxe na necesidade de promover políticas migratorias comúns e un permanente diálogo entre os países de orixe, de tránsito e receptores de inmigrantes. En Barcelona, Anna Terrón sinalou que só así "lograremos unha boa gobernanza das migracións e unha loita efectiva contra a inmigración irregular".

Na conferencia World Without Walls, organizada polo Institute for Cultural Diplomacy (ICD), a secretaria de Estado recalcou que "no século da mobilidade, debemos reforzar o diálogo, o intercambio de coñecemento e a idea de corresponsabilidade na xestión dos fluxos, regulares e irregulares, entre todos os Estados. Debemos implicar aos países de orixe e de tránsito no deseño e a implementación das políticas migratorias europeas". Este diálogo cos terceiros países, xunto coa loita contra a inmigración irregular e a vinculación dos fluxos ao mercado laboral, son os tres alicerces da política do Goberno español nesta materia.

No acto celebrado en Barcelona, a secretaria de Estado apuntou que "para alcanzar unha necesaria política migratoria europea común, debemos relacionala con accións implementadas noutros ámbitos, como o comercio ou a economía, pero tamén coas realidades dos veciños da UE". Anna Terrón, ademais, recordou a importancia que sempre xogaron as migracións nas relacións entre os países das dúas beiras do Mediterráneo. "Tamén hoxe, cando algúns Estados do sur do Mediterráneo están vivindo procesos democráticos, a inmigración pode ser un elemento crave de transformación para os países Euromediterráneos. E nisto debemos implicarnos todos: Gobernos, actores económicos e sociedade civil, porque a mobilidade humana é un elemento extraordinario de transformación", sentenciou Terrón.

A conferencia World Without Walls é unha iniciativa do ICD Academy for Cultural Diplomacy, un departamento dentro deste centro que traballa na mellora da efectividade da diplomacia entre Estados e actores non gobernamentais, e analiza novas estratexias para fortalecer as relacións interculturais. Nesta edición, celebrada durante cinco días en Barcelona, ponse o foco de atención na importancia de establecer lazos máis fortes entre os países do Mediterráneo. Ata o vindeiro domingo, no encontro participarán expertos en conflitos internacionais, académicos, economistas, políticos, diplomáticos e membros da sociedade civil e o sector privado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas