GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Valeriano Gómez anuncia que o exercicio do voto dos cidadáns no exterior será gratuíto

(23/09/2011)

Valeriano Gómez anuncia que o exercicio do voto dos cidadáns no exterior será gratuíto

Segundo os últimos datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro, máis de 1.700.000 residen no exterior, repartidos en 167 países

21 setembro 2011.

O ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, anunciou hoxe que o Goberno incorporará en breve os procedementos que garantirán que o exercicio do voto sexa gratuíto para os cidadáns españois no exterior.

Valeriano Gómez manifestouse deste xeito na inauguración do V Pleno do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (V Mandato) que reúne en Madrid ata mañá xoves aos representantes dos españois que residen no estranxeiro.

O titular de Traballo e Inmigración engadiu que os distintos ministerios e o Servizo Público de Correos traballaron e cooperaron para ofrecer aos residentes no exterior distintas alternativas para que exercer o seu dereito ao voto non supoña custo algún.

Na súa intervención, Valeriano Gómez falou do novo perfil dos cidadáns españois no exterior, asegurando que os españois e españolas que se desprazan na actualidade son mozos, con excelente formación académica, titulados universitarios e con coñecementos de idiomas, do mesmo xeito que os que quedan.

A xuízo do titular de Traballo e Inmigración, aínda que a tipoloxía da cidadanía española no exterior susténtase na actualidade en gran parte sobre as persoas maiores, os mozos adquiriron nos últimos anos unha gran importancia entre o colectivo. "O fenómeno de mobilidade protagonizado polos novos españois e españolas que se van fóra de España xa non responde aos esquemas da emigración de forza laboral", engadiu Gómez.

Valeriano Gómez resaltou o "esforzo innegable" que realizou o Ministerio de Traballo e Inmigración nos últimos anos a favor da cidadanía española no exterior que, segundo os últimos datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) son 1.700.000 españois, repartidos entre 167 países (localizados o 60% en América e o 30% en Europa).

ESTATUTO DA CIUDADANIA ESPAÑOLA NO EXTERIOR

Na súa intervención, o ministro de Traballo e Inmigración pasou revista ao traballo desenvolvido desde 2004, destacando a prestación económica aos "Nenos da Guerra", a prestación por razón de necesidade ou o Estatuto da Cidadanía Española no Exterior.

Segundo Valeriano Gómez, o Estatuto da Cidadanía Española no Exterior, aprobado polo Goberno en 2006, articulou un marco legal para o conxunto dos españois residentes no Exterior co obxectivo "de dotarlles duns dereitos, deberes e oportunidades que os situasen nunha posición de igualdade en relación cos seus compatriotas en España".

O ministro de Traballo e Inmigración finalizou a súa intervención no Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior anunciando como novos retos de futuro, ademais de continuar prestando atención aos actuais beneficiarios, a necesidade de mellorar o traballo das administracións públicas e a relación cos seus cidadáns noutros países, mediante avances na administración electrónica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas