GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Comeza en Vilagarcía un curso de formación en Auxiliar de Xeriatría enfocado a inmigrantes

(21/09/2011)

Comeza hoxe mércores en Vilagarcía un curso de formación en Auxiliar de Xeriatría enfocado a inmigrantes

 
 
Martes, 20.09.2011

O subdirector xeral da Inmigración e do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Aguarón, preside hoxe a apertura do curso de Auxiliar de Xeriatría enfocado á formación da poboación inmigrante, que se impartirá pola, e na sede da, Federación de Empresarios da Comarca de Arousa (FECA).

Este curso é unha aposta máis da Administración autonómica pola busca de fórmulas que garantan a plena integración social e laboral do colectivo de persoas chegadas desde países de fóra da Unión Europea e para os que, en moitos casos, existen atrancos complementarios á hora de atopar emprego.

Neste ano 2011, Emigración ten destinado 800.000 euros a ONGDs, entidades sociais e concellos para que realicen labores de formación, información e asesoramento xurídico e legal de perosnas retornadas e inmigrantes, mantendo intacto o investimento malia o importante recorte de fondos de cofinanciamento chegados do Goberno Central (máis do 75 por cento só nos dous últimos anos). A Xunta amosa así o seu compromiso real e palpable pola integración do devandito colectivo.

O curso de Auxiliar de Xeriatría, que contará coa presenza de Aguarón hoxe ás 11 da mañá, está financiado por fondos da Secretaría Xeral da Emigración, e o encargado da súa impartición é persoal especializado contratado para a ocasión pola FECA.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas