GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Crece a compra de pisos por parte de inmigrantes no segundo trimestre

(14/09/2011)

Crece a compra de pisos por parte de inmigrantes no segundo trimestre

Martes, 13 de Setembro de 2011

Aínda que a nivel global o número de vivendas que se venderon no segundo trimestre de 2011 rexistrou unha caída do 40% respecto do ano anterior, ata as 90.746 casas, as transaccións realizadas por estranxeiros residentes en España creceron un 22,9%.

En total , o número de pisos que compraron cidadáns inmigrantes chegou a 8.514 unidades.

Con todo, en termos xerais a venda de vivenda incrementouse nun 21,9% respecto do primeiro trimestre de 2011.

A principal causa de que en termos interanuais rexistrouse unha caída tan acusada na venda de pisos foi o aumento do IVE que entrou en vigot en xullo de 2010, segundo o Ministerio de Fomento. Outro factor que tamén incidiu nestes datos foi a desaparición en xaneiro pasado da desgravación por compravenda de vivendas para as rendas superiores a 24.000 euros.

Con todo, o pasado mes de agosto, o Consello de Ministros aprobou unha redución temporal do IVE do 8% ao 4% para a adquisición de vivenda nova, unha medida de carácter excepcional e temporal que estará vixente ata o 31 de decembro. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas