GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes outra vez

(09/09/2011)

Emigrantes outra vez

Santi Garrido
Data de publicación:
Martes 06 de setembro de 2011

A lgunos centros galegos de Suíza, e tamén os consellos de residentes, reciben chamadas a diario desde Galicia preguntando se hai traballo. Algún hai: tras vinte anos sendo sempre maior o retorno que o éxodo, entre o 2010 e o 2011 o ciclo cambiou e xa son 600 máis os que se van (algúns, por segunda vez, ao destino que deixaran atrás) que os que veñen.

O exemplo suízo (insólito, aos 51 anos xustos do comezo da emigración ao corazón de Europa), do que algúns xa avisaban hai tres anos cando vían chegar aos portugueses fuxindo da súa incipiente crise, é o espello dunha realidade que marcou Galicia durante décadas desde hai un século en ondas. América, Europa, Canarias contaron por miles os veciños que buscaron unha oportunidade e, en boa medida, achárona. Pero América agora está máis lonxe, Suíza é máis dura e as illas xa só ofrecen sol. Ningunha das tres son as que eran. Galicia, lamentablemente, si volve ser a mesma.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas