GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Celanova. Servando Cid Álvarez: "Debemos fomentar os lazos entre emigrantes e cooperar para mellorar a bisbarra"

(12/08/2011)

Servando Cid Álvarez: "Debemos fomentar os lazos entre emigrantes e cooperar para mellorar a bisbarra"

 
 
venres, 12.08.2011

Os cafés do esporón celanovés son estes días punto de encontro de numerosas familias de emigrantes en América e Europa que regresan á súa terra para gozar duns días de vacacións. Un dos nativos afincados dende hai 42 anos en Nova York é Servando Cid Álvarez que, con ganas de potenciar as relacións dos emigrantes na diáspora, está a traballar na creación dunha Asociación de Amigos de Celanova que promova proxectos na bisbarra.

Como xorde a idea de crear a asociación?
Os emigrantes de Terras de Celanova somos unha comunidade moi importante en Estados Unidos, sobre todo en New York e New Jersey, pero a nosa relación basicamente redúcese aos nosos encontros estivais en Celanova, porque alí só nos vemos en vodas e funerais. Así que dende hai tempo tiña na cabeza a idea de crear unha asociación que fomentase os lazos de unión entre os emigrantes no exterior e, á súa vez, estreitar os vínculos coa comunidade local a través de obras sociais.

Cales serán os obxectivos?
A idea é articular, en torno a unha comida de confraternización que se celebraría en agosto en Celanova, a directiva e finalidade sobre a base da opinión da maioría. Pero cuxo desenvolvemento pasaría por descubrir cales son as necesidades da bisbarra e utilizar a nosa posición para desenvolver proxectos que melloren a calidade de vida dos paisanos; por exemplo con novos servizos para os maiores ou infraestruturas para a atención á infancia.

A quen esta dirixida esta primeira convocatoria?
A asociación non tería por que pecharse os emigrantes de Estados Unidos, senón que o ideal sería ampliar a organización ao resto de focos que centralizaron a emigración celanovesa tanto en Centro e Latinoamérica, coma en Europa. E, polo seu posto, a todos os veciños da bisbarra que queiran colaborar dalgún modo no proxecto.

Si, son optimista. Os centros e Casas de Galicia están a perder forza porque os mozos non queren seguir nas institucións dos seus pais. Por iso temos que fiar fino, atender as súas suxestións e, sobre todo, ir da man das novas tecnoloxías. Hai uns anos fixen varios intentos de potenciar os vínculos, pero quedaron polo camiño. Esperemos que á terceira vaia a vencida.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas