GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Bruxelas avala que España esixa permiso de traballo aos romaneses

(12/08/2011)

Bruxelas avala que España esixa permiso de traballo aos romaneses

Xustifica a restrición de entrada pola dramática situación do paro

Autor:
gonzalo bareño
Localidade: madrid / la voz
Data de publicación:
12/8/2011.

A decisión do Goberno de Rodríguez Zapatero de implantar de novo a esixencia dun permiso de traballo para os cidadáns romaneses que queiran traballar no país conta desde onte co visto e prace da Comisión Europea. Aínda que nun principio Bruxelas mostrou certas reticencias, o comisario comunitario de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, Lászlo Andor, decidiu finalmente autorizar a medida, pola «dramática situación» do desemprego en España.
A nova lexislación estatal entrou en vigor o pasado 1 de agosto. Desde entón, os romaneses que queiran traballar no país por conta allea deberán contar cunha autorización previa que só se concede no caso de que exista contrato laboral. A Comisión permite manter esta restrición só ata o 31 de decembro do 2012 e esixe ás autoridades españolas que informen periodicamente do impacto da medida.

A colonia máis numerosa

«A continua chegada de romaneses a España e o seu alto nivel de desemprego tiveron un impacto na capacidade deste país de absorber novos fluxos de traballadores», asegura a Comisión Europea, que sinala que os traballadores romaneses en España sofren unha taxa de desemprego do 30 %, moito maior que a media, o que implica que a finais do primeiro semestre do ano houbese no país un total de 191.400 romaneses no paro, o segundo maior grupo tras o dos españois.
O comisario Lászlo Andor recoñece ademais que ata coa esixencia dun contrato para os romaneses, o mercado español «seguirá estando máis aberto aos traballadores comunitarios que outros Estados membros», aínda que asegurou que confía en que se trate dun requisito «o máis limitado posible no tempo», xa que «restrinxir a liberdade de movemento aos traballadores non é a resposta ao alto desemprego».
A nova regulación non limitará a libre circulación de cidadáns romaneses por España. Os orixinarios dese país que non teñan ocupación fixa poderán seguir viaxando e ata residir libremente no país. O que non poderán é obter un emprego se antes da súa entrada non dispuñan dunha oferta de traballo firme. Os romaneses son actualmente a colonia estranxeira máis numerosa en territorio estatal: 864.278 persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas