GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Raquel Arias destaca “o traballo que desenvolven na divulgación da cultura galega no exterior” os participantes nas ‘Escolas Abertas’

(01/08/2011)

Raquel Arias destaca “o traballo que desenvolven na divulgación da cultura galega no exterior” os participantes nas ‘Escolas Abertas’

 
 
luns, 01.08.2011
  • A delegada territorial presidiu hoxe o acto de clausura hoxe dos obradoiros que se celebraron durante este mes de xullo en Lugo

  • Un total de 97 cidadáns galegos residentes no exterior, procedentes de once países, participaron en cursos de baile tradicional e formación TIC, entre outros

  • A representante do Executivo autonómico invitou aos alumnos a levar a cabo proxectos nos seus países de residencia, “porque, de seguro, redundarán tamén en beneficio de Galicia”

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presidiu hoxe o acto de clausura dos obradoiros das Escolas Abertas Presencias 2011, promovidos pola Xunta de Galicia, e que tiveron Lugo como centro de actuación. Arias fixo entrega dos diplomas acreditativos aos 97 alumnos que se beneficiaron durante este mes de xullo dos citados obradoiros.

Arias gabou “a labor que desenvolven na divulgación da cultura galega alén das nosas fronteiras os participantes neste programa”, desenvolto polo Executivo galego a través da Secretaria Xeral de Emigración.

Estes programas de formación están dirixidos tanto a comunidades galegas no exterior como a cidadáns individuais residentes no estranxeiro, sexan cidadáns galegos, fillos ou netos de emigrantes e levan realizándose dende o ano 1999. Na presente edición participaron un total de 97 persoas procedentes dos seguintes países: Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil, Cuba, Estados Unidos, Chile, México, Francia, Suíza e España.

Entre os distintos obradoiros que se levaron a cabo destacan cursos en novas tecnoloxías, en gaita tradicional galega, en canto popular e pandereita, baile tradicional galego ou xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro.

Este dobre vertente entre modernidade e tradición está directamente relacionada co espírito galego, tal e como destacou Arias na súa intervención. A delegada incidiu en que “a Galicia que hoxe temos non se parece a de antano, nas comunicacións, en nivel de vida, en igualdade, en posibilidades de acceder á cultura… pero sen embargo é exactamente igual a aquela Galicia onde o amor a terra era o primeiro sentimento que os nosos pais e os nosos avós nos inculcaron”.

Raquel Arias, que estivo acompañada por Andrés Castro Bande, subdirector xeral de Centros de Comunidades Galegas. invitou a todos os beneficiarios destas Escolas Abertas 2011 a “seguir sendo os nosos embaixadores” e a “expandir o mensaxe polo mundo de que Galicia é unha terra próspera de xente traballadora, de grandes e firmes valores e que posúe posibilidades aínda para desenvolver”.

A delegada territorial tamén fixo fincapé na utilidade destes obradoiros, instando ao centenar de beneficiarios a que utilicen os coñecementos obtidos para levar a cabo accións e proxectos fora das nosas fronteiras. Arias animou aos presentes a “crear asociacións e entidades que desenvolvan traballos e proxectos para as comunidades do exterior, que seguro redundarán tamén aquí en Galicia”.

O acto, que estivo dirixido por un presentador, comezou cunha serie de actuacións representadas polos alumnos dos obradoiros, nun reflexo das distintas actuacións que se levaron a cabo nas Escolas Abertas. Con esta edición, son xa doce as que se teñen realizado deste programa dende a súa posta en marcha no ano 1999. En total, as Escolas Abertas suman xa máis dun milleiro de asistentes dende o seu inicio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas