GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xunta e Goberno Central prorrogan o convenio de 2005 en materia de integración e formación de inmigrantes

(01/08/2011)

Xunta e Goberno Central prorrogan o convenio de 2005 en materia de integración e formación de inmigrantes

 
 
luns, 01.08.2011
  • A cantidade total ascende a 1.619.000 euros, dos que medio millón son aportados pola Administración autonómica

  • A cifra é a máis baixa desde a entrada en vigor do acordo, debido ao descenso dos recursos para este fin destinados polo Goberno Central

O Consello da Xunta ven de acordar a prórroga para o presente ano 2011 do convenio de colaboración subscrito en 2005, entre o daquela Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales e a Comunidade Autónoma, para o desenvolvemento de actuacións de acollida e integración de persoas inmigrantes, así como de reforzo educativo.

O importe total do protocolo da prórroga deste convenio é de 1.619.552 euros. A achega económica do actual Ministerio de Trabajo e Inmigración é de 1.119.552, € e a da Xunta de Galicia prevista neste protocolo de prórroga para este ano ascende a un importe de 500.000 € con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2011.

Esta cantidade é a menor desde a posta en marcha desta actuación conxunta, debido ao descenso dos fondos destinados a este fin por parte do Goberno Central, que ao longo dos anos en vigor foi moi superior, acadando a cifra de 1.832.000 € en 2005; de 2.671.000 € en 2006; de 4.311.000 € en 2007; 4.028.000 € en 2008; de 3.567.000 € en 2009; de 1.253.000 € en 2010; ata os 1.119.000 € deste ano.

A achega da Comunidade Autónoma é sempre porcentual respecto da estipulada polo Goberno Central, polo que, como se te demandado en reiteradas ocasións por parte da Secretaría Xeral da Emigración, agardábase un meirande esforzo por parte do Estado para poder garantir a continuidade de moitas das accións emprendidas nos últimos anos, que desta maneira verán condicionado seriamente o seu futuro.

De feito, a Xunta ten denunciado a tardanza na decisión de consignar o orzamento concreto para este fin, que non foi coñecido oficialmente polas Comunidades Autónomas ata o mes de abril, aínda que, en teoría e segundo se estipula no acordo, as actuacións abranguen todo o ano natural da prórroga, neste caso 2011.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas