GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Quen dixo que os controis de identidade racistas non existen?

(29/07/2011)

Quen dixo que os controis de identidade racistas non existen?

Xoves, 28 de Xullo de 2011

redadaA pesar de que as autoridades negaron insistentemente -e ata con molestia- a existencia dos controis de identidade a inmigrantes polos seus trazos físicos, as Brigadas Veciñais de Observación de Dereitos Humanos (BVODH) presentaron unha proba máis que desmente o discurso oficial: lograron documentar 261 controis policiais racistas.

O informe 'Controles de identidade racistas en Madrid' pon a voz de alarma na ilegalidade dos rexistros de documentación que leva a cabo a Policía Nacional para identificar a inmigrantes en situación administrativa irregular e na estigmatización que supón estas prácticas para os inmigrantes que viven en España.

-Quen son os afectados polos controis policiais? Segundo o informe, os axentes piden a documentación a persoas cuxos trazos físicos concordan cos de países de escasos recursos. Os cidadáns de aspecto español ou europeo non adoitan estar afectados por estas identificacións.
-Onde están os 'puntos quentes'? A maior parte destes controis realízanse no interior e nas bocas do metro, especialmente nas estacións de Lavapiés, Diego de León e Aluche, que son os 'puntos quentes' deste tipo de controis.
-Por que son ilegais estes controis? Varias ONG insisten en que a detención de inmigrantes que carecen de autorización para residir en España é ilegal porque non ter os papeis en regra non é un delito, senón só unha falta administrativa.
-Por que a Policía fai estes controis? Segundo algúns sindicatos policiais, os mandos reinterpretan sistematicamente a lei e ordenan controis, detencións e, ata, o traslado dos detidos ao Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Aluche. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas