GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España debe xustificar con datos as restricións a inmigrantes romaneses

(27/07/2011)

España debe xustificar con datos as restricións a inmigrantes romaneses

Martes, 26 de Xullo de 2011

terronO venres pasado o Consello de Ministros reactivaba o período transitorio, unha medida que lle permitirá esixir un permiso de traballo aos inmigrantes romaneses que desexasen vir a España a traballar por conta allea. Pero o luns a Comisión Europea pediu ao Goberno que acredite con datos o impacto negativo que supostamente xeraron os cidadáns romaneses no mercado laboral español.

A semana pasada o Executivo confirmaba que ía restablecer con carácter urxente a obrigación para estes cidadáns de contar cun permiso de traballo para ser contratados. As explicacións que ofreceu a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, apuntaban a que dada a alta taxa de paro que afecta ao país, preténdese privilexiar a contratación de quen xa se atopan en España e frear a chegada por motivos laborais doutros cidadáns romaneses.

Ademais, asegurou que a tendencia da chegada de inmigrantes romaneses foi en sentido contrario ao resto dos fluxos migratorios, pois en lugar de diminuír, foi crecendo nos últimos anos a pesar dos embates da crise económica. A medida, aclarou, non supón unha restrición ao dereito á libre circulación de persoas, polo que os cidadáns romaneses que veñan a estudar a España ou que realicen traballos por conta propia (por exemplo, como autónomos) non terán ningunha restrición.

Pero a Comisión cre que o Goberno debe demostrar que existe 'o risco dun impacto maior no mercado laboral' se quere que esta medida estea acorde coa normativa europea. E para iso deberá presentar cifras e datos que o certifiquen, porque as estatísticas que manexa a Comisión Europea mostran que 'o número de traballadores procedentes de Romanía e Bulgaria retrocedeu moito nos últimos anos en España', segundo indicou a portavoz de Emprego, Chantal Hughes.

Bruxelas atópase analizando a legalidade da decisión de España para dar a coñecer a súa decisión ao Consello nun prazo de dúas semanas. O Executivo comunitario debe pronunciarse sobre se autoriza ou non esta decisión -destacando que é a primeira vez que un Estado membro pide que se active a cláusula de salvagarda-, aínda que a última palabra terana os Estados membros. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas