GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba recibe a medalla de ouro da VI Xuntanza da Emigración en Palas de Rei

(27/07/2011)

Camba recibe a medalla de ouro da VI Xuntanza da Emigración en Palas de Rei

 
 
martes, 26.07.2011
  • Preto de 2.000 Persoas asistiron á festa celebrada na área recreativa de Vilar de Donas

 

O municipio lucense de Palas de Rei acolleu o pasado sábado, 23 de xullo, a VI Xuntanza da Emigración. Baixo a organización da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña e o Concello de Pas de Rei, ao redor de 2.000 emigrantes e retornados gozaron dunha xornada campestre de reunión amenizada por unha banda de gaitas e unha orquestra e coa entrega de medallas a aqueles que traballaron a favor da emigración en Galicia, como é o caso do secretario xeral de Emigración, Santiago Camba.

Preto de 2.000 persoas, entre organización e convidados, acudiron o sábado á VI Xuntanza da Emigración organizada pola Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña, e especialmente do seu coordinador, Ramiro Vieito, e o Concello de Pas de Rei.

Tras a misa inicial, ás 13 horas, os convidados participaron nunha comida de irmandade amenizada pola Banda de Gaitas de Verea e a Charanga do Concello da Baña. Entre os convidados encontrábanse algúns emigrantes xa retornados, como o caso de Mª Arcadia Rancaño, que emigrou a Alemaña tras endebedarse con motivo dunha longa enfermidade do seu pai; e moitas persoas relacionadas coa emigración, como o alcalde de Beade, Senén Pousa, cuxo traballo cara á emigración galega dura xa máis de 40 anos; así como moitos emigrantes que chegaron a esta 'xuntanza' dende diferentes países para volver ver os seus familiares e amigos.

Nesta homenaxe ao colectivo da emigración tamén houbo tempo para recoñecer o labor daquelas persoas que traballan a favor dos intereses e necesidades dos emigrantes. Como é habitual en case todas as Xuntanzas da Emigración o secretario xeral de Emigración, neste caso, Santiago Camba, recibiu unha medalla polo seu labor diario de cara á emigración. No seu discurso, Camba quixo "agradecer á organización a súa xenerosidade ao entregarme esta medalla" e puntualizou que é unha medalla para todos porque, segundo dixo, o traballo e o mérito non é só seu senón de todos os funcionarios que ten ao seu arredor. "Cada día estou moi orgulloso de terme dedicado a esta tarefa", asegurou e aproveitou o momento para facer referencia ao cambio da lei electoral e afirmar que "hai que seguir traballando para que todo o mundo se poida sentir galego e español".

Jonathan Ferreira, o alcalde de Verea, foi outro dos premiados pola banda de música que creou en Nuremberg e por ensinar a gaita por todos os países do mundo. Tamén Emilio Rodriguez Álvarez recibiu unha medalla. Nacido en Galicia, tivo que emigrar a Canadá ata a súa xuventude, que volveu a Galicia e formou parte da Coral de Carballiño, da cal acabou sendo presidente durante 22 anos.
Un dos máis aplaudidos e laureados foi Miguel Torres, que aínda que non é galego de nacemento se o é de corazón, e é que levou a emigración galega polos escenarios de todo o mundo a través das súas cancións. Vieito quixo apuntar que "é un grande artista" e que "foi a mellor fichaxe que puideron facer" en relación á Orquestra Compostela. Ademais cantou, acompañado polos membros do seu orquestra, que viñeron a darlle unha sorpresa, a 'Canción do Emigrante' rodeado de todos os seus netos.

Fernando Alfredo Pensado, actual segundo tenente alcalde de Pas e deputado provincial, ou o alcalde de Beade, Senén Pousa, tamén recibiron unha medalla.

A reunión seguiu coa compañía da Orquestra Alianza, que fixo bailar a algúns dos presentes ata as nove da noite.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas