GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Inmigración e o emprego foro de debate en Integra

(11/07/2011)

A Inmigración e o emprego foro de debate en Integra

A Feira da Inmigración, que terá lugar en Madrid será o marco para este foro de opinión no que intervirán grandes expertos no tema

11 de Xullo de 2011 | Por Redacción HD

A Federación Española de Hostalería (FEHR) en colaboración co Consello Superior de Cámaras (CSC) organizaron un coloquio sobre "Inmigración e Emprego", que terá lugar no marco da Feira Integra, o 4 de decembro en Madrid. A subdirectora xeral de Intervención Social da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, Amapola Blasco Marhuenda será a encargada de tratar as principais claves e retos da xestión da diversidade na contorna laboral. A situación e perspectivas do mercado laboral serán así mesmo tratados neste foro, coa intervención de expertos na materia como Pedro García-Cano, Country Manager de TMPW e Francisco Aranda Manzano, presidente de Asociación de Grandes Empresas de Traballo Temporal. Este coloquio englóbase dentro do programa Todas as Mans que a Federación Española de Hostalería -FEHR xunto co Consello Superior de Cámaras-CSC xestionan desde 2008 coa finalidade de lograr a plena integración social e laboral de traballadores inmigrantes, co financiamento da Secretaría de Estado de Inmigración e o Fondo Social Europeo.
Esta iniciativa e outras enmarcadas no proxecto responden á necesidade da crecente presenza de inmigrantes no mercado laboral. . A actual crise económica está sendo un efecto devastador para o emprego que está incidindo de forma moi especial no colectivo de traballadores inmigrantes que se atopan nunha posición de maior vulnerabilidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas