GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Secretario Xeral da Emigración recibiu aos participantes no seminario internacional ‘Opçâo + Futuro’

(21/06/2011)

O Secretario Xeral da Emigración recibiu aos participantes no seminario internacional ‘Opçâo + Futuro’

 
 
luns, 20.06.2011
  • Trátase dunha iniciativa co financiada pola Unión Europea, na que participan asociacións de cinco países de fala galaico portuguesa, entre elas Ecos do Sur.


O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu esta mañá na Escola Galega de Administración aos participantes no Terceiro Seminario Internacional posto en marcha polo programa “Opçâo + Futuro: sensibilizar para a migraçâo positiva”, co financiado pola Unión Europea, e no que participan asociacións de cinco países de fala galaico portuguesa.

En concreto, Opçao + Futuro involucra á Asociación para o Desenvolvemento das Terras de Regadío de Ferreira de Alentexo (Portugal), á entidade ADANE de Maputo (Mozambique), á Asociación de Fillos e Amigos de Janela (Cabo Verde), á Asociación de Escuteiros da Rexión do Príncipe (Santo Tomé e Príncipe), e á galega Ecos do Sur.

O proxecto foi escollido en primeira escolma pola Unión Europea, canda outros trinta, entre máis de 2.500 presentados para a co financiamento dentro da liña estratéxica “Xuventude en Acción”. Opçao + Futuro ten por obxecto reducir os impactos negativos das migracións na poboación máis nova, tanto no territorio de orixe coma no de destino. Nos primeiros meses desta iniciativa, tense involucrado a case 200 participantes activos, con 2.700 beneficiarios directos das accións do programa.

Axenda
Este seminario acolle en Galicia aos participantes desde hoxe luns e ata o vindeiro venres día 25. Trátase da terceira edición, e haberá outras dúas, posto que cada un dos países participantes encárgase de facer de anfitrión nunha ocasión, organizando unha posta en común arredor dos asuntos relacionados co programa e as entidades que o conforman, tales como o desenvolvemento local sostible, migracións e xénero, co-desenvolvemento, integración social, ou accións para o fomento dos emprendedores, entre outros.

No caso da xuntanza en Galicia, está dedicada á Migración vs. Integración e diversidade cultural. A apertada axenda dos participantes inclúe actos en Compostela, A Coruña, Burela, Monforte, Castro Caldelas, e Lugo. Así, ademais de xuntanzas de traballo e posta en común, terán lugar actividades coma unha visita a un piso de acollida para inmigrantes, observación de exemplos de emprendemento local exitosos, análise da integración no sector pesqueiro, visita ao Secretariado Xitano, gymkhana intercultural, mesas redondas, visita á Fundación Paideia, e tamén ao Centro de Menores San José de Calasanz.

Completan o variado abano de actividades unha visita á Cidade da Cultura, e tamén a inauguración na Fundación Rodríguez Iglesias da mostra Galicia somos todos, posta en marcha pola propia Secretaría Xeral da Emigración, e na que se salientan as historias persoais de inmigrantes en Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas