GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«A crise deixará a moitos venezolanos sen clases de galego»

(10/06/2011)

«A crise deixará a moitos venezolanos sen clases de galego»

Eduardo Meilán, expresidente da irmandade galega de Caracas, pide axuda á Xunta para que envíe libros para impartir esta materia

Autor:
ana lorenzo
Localidade:
a coruña / a voz
Data de publicación:

Tiña 16 anos cando en 1947 Eduardo Meilán Sánchez embarcou coa súa nai e os seus irmáns camiño de Venezuela, onde o seu pai emigrara facía tempo e comezado a levantar unha próspera empresa de construción. Ademais de axudar e logo coller as rendas do negocio familiar, este coruñés comezou unha prolífica carreira á fronte de distintas organizacións vinculadas con Galicia, primeiro na Lareira Galega, do que foi tesoureiro, e posteriormente na Irmandade Galega, que presidiu en dúas ocasións, e onde desde hai anos imparte unha materia sobre cultura galega a «250 venezolanos fillos e netos de galegos, que o próximo curso vanse a quedar sen clase, porque este ano a Xunta non quere pagarnos os libros».

-¿Cal é o problema para que non subvencionen estes libros?

-A Xunta di que hai crise e que non poden enviarnos os libros. Eu calculo que son máis ou menos 3.500 euros, que eu creo que non é tanto diñeiro pensando en todos os nenos que quedarán sen clase de galego.

-¿Hai moito interese por aprender galego en Venezuela?

-Por suposto, alí ven máis as televisións deica que as venezolanas, e sempre estamos decatados do que ocorre en Galicia.

-¿Que aprendeu en todos estes anos de emigración?

-Que a vida do emigrante é moi dura. Hai algúns que triunfan, pero a gran maioría non fan as Américas. Cando eu estaba na Lareira Galega descubrín o duro que era a emigración, porque alí chegaba xente enferma, sen ningún recurso e sen nada que comer, e nós axudabámolos.

-¿Que foi o que máis lle doeu de emigrar?

-Que tiven que decatarme cando xa estaba en Venezuela dos grandes poetas galegos que tiñamos aquí. Eu non sabía quen era Curros Enríquez ata que cheguei a Venezuela. Cando comecei a ler as súas obras entroume unha indignación enorme de que se me negou unha parte tan importante da nosa cultura. A partir de aí, Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro convertéronse nos escritores máis importantes e para min nunhas auténticas estrelas. Logo descubrín tamén a Castelao, a quen un amigo meu definiu dicindo: «Foi ou galego máis grande que pariu nai».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas