GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Terrón: se non houbese política de inmigración sería un drama

(30/05/2011)

Terrón: se non houbese política de inmigración sería un drama

Madrid, 26 may (EFE).- A secretaria de Estado de Inmigración E Emigración, Anna Terrón, rexeitou as acusacións do PP de estar dando as costas aos inmigrantes e opinou que se non houbese política de inmigración "sería un drama".
Durante a súa comparecencia no Senado, ante a Comisión de Traballo e Inmigración, Terrón recordou que o Goberno é responsable de como aplica as políticas de inmigración e tamén de como se comunican, e defendeu a necesidade de seguir traballando cos países de orixe para deixar de ver imaxes de inmigrantes en pateras.
"Non imos estar comunicando cada vez que se expulsa a estranxeiros delincuentes, hai que facelo e non pregoalo", dixo Terrón, quen recordou que aos estranxeiros esíxeselles cumprir as leis como a calquera outro cidadán.
Rexeitou a necesidade de establecer un contrato de integración, ou doutras novas medidas propostas polo PP, porque a maioría xa están contempladas na lei.
Terrón destacou que hai 1.800.000 persoas estranxeiras dadas de alta na Seguridade Social e opinou que se "desaparecesen, habería demandas de traballo que non se cubrirían".
"A gran maioría dos inmigrantes non rouban, viven coa súa familia, traballan en lugares como vertedoiros de lixo e en calquera outro posto de traballo que non queren os españois", engadiu.
A secretaria de Estado recordou que dentro dun mes entrará en vigor o Regulamento de Estranxeiría, que permitirá tramitar situacións de regularización por arraigamento.
O senador do PP Eugenio Jesús Gonzálvez asegurou que as políticas do Executivo respecto da inmigración "están tan baleiras, como o está o presidente, e ausentes polo escaso compromiso do Goberno de España cos inmigrantes".
"Os inmigrantes son persoas que necesitan o soporte das institucións e é difícil facer políticas sociais sen orzamento", lamentou.
Segundo o senador popular, "non se pode nun momento de maior crise, deixar o orzamento do fondo de acollida e integración de inmigrantes como está; deixalos en mans das comunidades autónomas, porque é unha política de Estado".
Terrón insistiu en que a política de integración é competencia das comunidades autónomas.
"Nós queremos axudar, non mandar", dixo Terrón, quen recordou que o "diñeiro que chega a través do financiamento autonómico ordinario, chega tamén para desenvolver a competencia de integración".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas