GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración posibilita a participacion de corenta descendentes de galegos e galegas da diáspora nos campos de traballo deste ano

(23/05/2011)

Emigración posibilita a participacion de corenta descendentes de galegos e galegas da diáspora nos campos de traballo deste ano

 
 
Luns, 23.05.2011
  • Na convocatoria deste 2011, recolléronse máis de 170 solicitudes para esas prazas.

A Secretaría Xeral da Emigración ven de realizar o sorteo das prazas que corresponden a fillos e fillas e netos e netas de emigrantes galegos e galegas no exterior nos Campos de Traballo que organiza a Consellería de Traballo e Benestar. A listaxe completa pode consultarse no portal web da Secretaría, www.galiciaaberta.com.

Trátase dun número de prazas reservado ao colectivo da diáspora, co obxectivo de fornecer as ligazóns que relacionan a estes mozas e mozos coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia por riba dos países onde teñan nacido. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da súa familia que quedaron na Galicia territorial.

A Xunta convídaos a pasaren eses días en compañía de coetáneos da Galicia territorial, e ás actividades desenvolvidas no Campo, en igualdade de condicións cós residentes aquí, sufragando a metade dos gastos derivados de cadansúa viaxe á metade dos beneficiarios, é dicir, asumindo globalmente a cuarta parte do gasto total de desprazamento dos corenta participantes.

Segundo atesoura a experiencia, nestes Campos de Traballo, a mocidade na diáspora comparten cos outros mozos e mozas galegos uns días de experiencias e intercambio que supoñen un importante enriquecemento mutuo, tendo en conta que os destinatarios destas prazas son residentes en países de América Latina.

Foron, nesta convocatoria de 2011, máis de 170 as solicitudes recibidas para un total de 40 prazas. Os mozos e mozas que nesta ocasión terán a posibilidade de engrosar a lista de beneficiariose beneficiarias da iniciativa proceden de Cuba, Chile, Brasil, a República Arxentina, Uruguai, México e Venezuela.

Cinco emprazamentos
Os campos de traballo teñen cinco emprazamentos espallados pola xeografía galega. Na provincia da Coruña existen dous, un na parte norte da demarcación, no municipio de Cabana de Bergantiños, e outro na sur, no concello de Rois. Pola súa banda, os dous campos cos que conta a provincia de Ourense están situados en Vilar de Barrio e no territorio da propia capital provincial. Finalmente, na provincia de Pontevedra existe un último campo de traballo, que ten por sede as Illas Cíes, dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas