GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra rende homenaxe á comunidade senegalesa pola súa exemplar integración

(10/05/2011)

Pontevedra rende homenaxe á comunidade senegalesa pola súa exemplar integración

 
 
Luns, 09.05.2011

Os pontevedreses e as pontevedresas ofreceron o pasado sábado un abrazo fraternal a todos os membros da comunidade senegalesa asentada na cidade coa entrega do Premio Cidadán Teucro 2011 a Mamadou Bath Dialle. Nunha terra onde a emigración ten tanta historia, a federación veciñal Teucro celebrou o sábado pola tarde un acto de homenaxe que contou coa presenza de diversos cidadáns de Senegal e que serviu para recoñecer a súa exemplar integración en Pontevedra.

A entrega do galardón tivo lugar no contexto dunha merenda-cea que se desenvolveu nunha carpa instalada na Praza do Teucro e na que se serviu un dos principais manxares das Rías Baixas, o polbo "á feira" en prato de madeira. Coa entrega deste premio de carácter anual na persoa dun representante da comunidade senegalesa a federación veciñal quixo mostrar a súa aposta pola integración de persoas inmigrantes, precisamente nun momento no que se está cuestionando a presenza de estranxeiros en territorio estatal.

O colectivo que preside Miguel Vilacoba valorou de modo especial aos inmigrantes e ás  inmigrantes senegaleses e senegalesas, porque "dende ou principio apostaron pola integración e sempre estiveron dispostos a participar en tódalas actividades que se lle propuxeron". Ademais, en opinión da comisión de cultura da federación veciñal, a relación desta comunidade coa sociedade pontevedresa estivo marcada en todo momento pola cordialidade, sen que até a data se vincule con ningún tipo de actividade delituosa.

Oito anos en Pontevedra
Mamadou Bath Dialle ten 39 anos e chegou a Pontevedra fai oito. Entrou en España en e 2003 con visado de turista e foi regularizado en 2004 coa lei Zapatero. Ten catro fillos, dous en España e dous en Senegal e, aínda que foi traballador da construción, actualmente atópase no paro. Vive coa súa muller e con dous dos seus fillos (un nado en España), que viñeron no ano 2009. A súa cualifcación profesional é a de ofcial primeiro de Mecánica do Automóbil e posúe tamén o título de soldador.

Aínda que inicialmente estaba previsto que Mamadou Bath Dialle marchara ao seu país o xoves pasado paunqueara visitar a parte da súa familia que non ve desde hai bastante tempo e que a súa muller recollese o premio no seu lugar, o galardoado atrasou esta viaxe para poder recibilo el mesmo. Ataviado cunha visera e felicitado polos membros da federación veciñal Teucro e os veciños pontevedreses e senegaleses que asistiron ao acto celebrado na Praza do Teucro, Bath Dialle fixo acto de presenza na merenda-cea organizada e mostrouse moi contento co premio que lle fixo entrega o pintor Antón Sobral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas