GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración subvenciona con 400.000 euros programas locais de integración sociolaboral de inmigrantes extracomunitarios

(09/05/2011)

Emigración subvenciona con 400.000 euros programas locais de integración sociolaboral de inmigrantes extracomunitarios

 
 
Venres, 06.05.2011
  • As actividades obxecto das axudas deberán estar realizadas ante do 30 de setembro deste ano.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará en breve a convocatoria das subvencións a entidades locais (concellos, mancomunidades e consorcios) para a realización de programas destinados a favorecer a acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na sociedade galega.

O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte ao que se publique a convocatoria, e nesta acción o Goberno galego inviste un total de catrocentos mil euros. Unha vez publicada a convocatoria no DOG, as bases completas poderán consultarse no portal web da Secretaría Xeral da Emigración www.galiciaaberta.com

As accións obxecto de subvención deberán estar rematadas antes do 30 de setembro deste ano, e a súa xustificación deberá probarse documentalmente. A convocatoria estipulará asemade que as subvencións son compatibles con outras públicas ou privadas, sempre e cando a cantidade sufragada polas administracións públicas e entes privados non supere o cento por cen do investimento total.

Cinco eixes
Cada concello ou entidade local poderá presentar un máximo dun proxecto para cada un de cinco eixes diferenciados (en total, cinco proxectos máximo por entidade): estes eixos son os de acollida, educación, emprego, xuventude, e muller.

Dos catrocentos mil euros totais, 160.000 destínanse a actividades relacionadas co eixe de acollida, consistente en proxectos, para colectivos especialmente vulnerables, que desenvolvan accións que abrangan aloxamento e manutención en pisos de acollida e que inclúan itinerarios individualizados de inserción social para os beneficiarios. Outros 100.000 euros teñen por finalidade o eixe de educación, para apoio e compensación na formación, e aprendizaxe das linguas autóctonas, dos fillos de inmigrantes extracomunitarios.

O terceiro dos eixes de actuación é o do emprego, ao que se destinan 60.000 euros, e que consiste en accións que permitan paliar as dificultades do colectivo diana, e mellorar a súa convivencia sociolaboral coa poboación nativa. Ao cuarto dos eixes, de infancia e xuventude, corresponden 30.000 euros, para fomentar a participación social das nenas e dos nenos no tecido asociativo galego, e crear espazos de convivencia intercultural.

Finalmente, ao eixe da muller destínanse os 50.000 euros restantes, cos que se pretende protexer ás donas en situación de especial vulnerabilidade: inmigrantes extracomunitarias soas, xestantes ou con fillos menores de idade, vítimas de violencia de xénero ou de redes de tráfico e explotación sexual, etc.

Criterios de valoración
O sistema escolleito para a resolución destas subvencións é o de concorrencia competitiva, polo que unha comisión avaliará os proxectos para repartir as axudas entre aqueles de meirande interese desde o punto de vista da integración social e laboral dos inmigrantes extracomunitarios.

A comisión deberá valorar aos peticionarios en función de cinco criterios, que reflectirá a inminente convocatoria. Estes cinco criterios son: a calidade técnica da iniciativa; a porcentaxe de poboación extracomunitaria no/s concello/s asinante/s do proxecto; a necesidade social do programa; a existencia previa dun plan (homologado polo Consello da Xunta) local de integración da poboación inmigrante no/s municipio/s afectado/s; e o emprego do galego nas actividades previstas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas