GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise non provoca a emigración de españois ao estranxeiro

(29/04/2011)

A crise non provoca a emigración de españois ao estranxeiro

A directora xeral da Cidadanía Española no Exterior asegura que a mobilidade non responde a motivos económicos.

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:

A cifra de emigrantes españois non aumentou nos últimos anos debido á crise económica. A directora xeral da Cidadanía Española no Exterior, Pilar Pin, recalcou durante a súa viaxe oficial a Brasil que nestes momentos «non hai un fluxo migratorio destacable que responda a motivos económicos». Así, Pin insistiu en que a mobilidade se converteu nun valor fundamental na formación dos mozos profesionais.

En referencia aos datos do Instituto Nacional de Estatística que onte falaban dun aumento da cifra de cidadáns españois no exterior, a responsable do Goberno indicou que só o 37% deles nacera en España. Na súa opinión, este aumento débese, en parte, «ao retorno ao seu país de orixe de cidadáns iberoamericanos que adquiriron a nacionalidade española durante a súa residencia en España». O incremento tamén respondería a que gran parte dos españois no estranxeiro sono pola Lei da Memoria Histórica, co que non se trata de persoas que emigraron senón que recuperaron a nacionalidade española no exterior». Este sería o caso de Cuba e, en menor medida, Venezuela, que xustamente son dúas dos países onde máis aumentou o número de residentes españois no último ano, segundo os datos do INE. A maior parte de nacionais no exterior residen en Arxentina, Francia e Venezuela, países que acolleron a emigrantes españois entre 1940 e 1960.

 

Ruta por América

Pilar Pin atópase de viaxe oficial a Brasil, onde se entrevistou con responsables do Goberno brasileiro en materia de migracións e coa comunidade española no país. Así, onte visitou o Centro Español de Santos, no sur de Brasil, e tivo un encontro coa colectividade española da Baixada Santista.

Tras esta viaxe, desprázase hoxe a Arxentina, onde visitará o Consello de Residentes Españois en Buenos Aires e reunirase con responsables de centros españois na República dos Nenos. A directora xeral tamén se entrevistará co embaixador de España no país para falar sobre a nova normativa electoral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas