GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arxentina, Francia e Venezuela acollen a maior parte de emigrantes españois

(27/04/2011)

Arxentina, Francia e Venezuela acollen a maior parte de emigrantes españois

1,7 millóns de españois residen fóra.

Autor:
Efe
Data de publicación:

Arxentina, Francia, Venezuela e Alemaña son os países nos que residen un maior número de españois, segundo os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), que revela que a poboación española que vive fóra elevouse a 1,7 millóns de persoas.

En Arxentina residen 345.861 españois; en Francia 189.909; en Venezuela 173.456; e en Alemaña 108.469, segundo os datos do INE, dos que se desprende que outros países como Suíza (93.262), Brasil (92.260), México (86.658), Estados Unidos (79.495) e Cuba (75.433) acollen tamén un elevado número de españois.

O número total de españois que residen no estranxeiro -con data 1 de xaneiro de 2011- aumentou un 8,2 por cento respecto das cifras do ano anterior, o que supón que 128.655 españois máis optaron por fixar a súa residencia no exterior.

Por continentes, o 61,6 por cento das persoas inscritas no PERE ten fixada a súa residencia en América, o 35,4 por cento en Europa, e só o 3 por cento no resto do mundo, e o maior incremento respecto das cifras do 1 de xaneiro de 2010 produciuse tamén en América (102.764 inscritos máis).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas