GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

María González Rouco presenta a súa «Volver a Galicia»

(13/04/2011)

María González Rouco presenta a súa «Volver a Galicia»

O acto tivo lugar no Centro Galego da cidade de Azul

Autor:
Delfina Branco
Data de publicación:

A xornalista, docente e investigadora galega residente en Arxentina, María González Rouco, presentou o pasado 8 de abril o seu libro «Volver a Galicia» no Centro Galego da cidade de Azul, na provincia de Buenos Aires.

Tras unha breve introdución, a cargo da presidenta da institución, María dos Angeles Fernández, a escritora Margarita Ferrer e o poeta Roberto Glorioso expuxeron os seus comentarios sobre o novo libro. O seu tema, a emigración involucra directa ou indirectamente a todos os arxentinos. Despois, a autora dirixiu unhas palabras emocionadas aos presentes, recordou anécdotas e historias que de pequena lle contaban os seus avós e que ela gardou celosamente na súa mente e que, co transcurso do tempo, inspiraríana a escribir este libro, onde «a morriña» e a dor do desarraigamento, están expostos con toda crueza nos testemuños de galegos emigrantes que foron «expulsados» en busca de novos horizontes para poder comezar outra vida lonxe da súa queridísima «terra nai».

Para amenizar o acto, Albe Pavese deleitou con suaves melodías galegas. E a actriz Delfina Branco conmoveu aos presentes cos seus poemas en idioma galego, «De Volta pra Terra» de Roxelio Rodriguez e o poema de Curros Enriquez dedicado a Rosalía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas