GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración pide voos a Alemaña e Suíza desde Santiago

(05/04/2011)

A emigración pide voos a Alemaña e Suíza desde Santiago

Os internautas de La Voz reclaman que se aposte máis polo baixo custo

Autor:
A. CARCACÍA
Localidade:
SANTIAGO / LA VOZ
Data de publicación:

O debate sobre o futuro dos destinos aéreos que o aeroporto de Lavacolla debería acoller nas súas instalacións parece chegar a un consenso para os lectores da edición dixital de La Voz de Galicia. Máis de oitenta persoas decidíronse a responder na web á pregunta de ¿Que cidade conectaría por vía aérea con Santiago e con que compañía? E unha gran maioría optou por Xenebra e polos aeroportos alemáns como destinos prioritarios. Moitos dos comentarios chegaron desde cidades europeas onde residen unha importante cantidade de galegos. «Potenciar o Lavacolla-Xenebra sería ideal para os numerosos emigrantes galegos residentes nesta cidade», comentaba Inés Sánchez desde a cidade suíza. E ademais, tamén se apostou pola chegada de turistas a Santiago: «Voos máis continuos atraerían aos turistas suízos», dicía Brais desde Vigo. Numerosos lectores verán como as súas opinións chegan a bo porto xa que, desde maio, a aeroliña Easyjet ofrecerá a conexión cun mercado de alto poder adquisitivo que está a notar menos a crise.

Ademais, as grandes capitais europeas tamén recibiron unha importante valoración como destino para os participantes. «En canto aos destinos creo que Londres, París e Ámsterdam son imprescindibles. Creo que contar con voos de baixo custo ao norte de Europa ou Europa do leste sería moi beneficioso», afirma P.F. Ademais de apostar por recuperar conexións con Londres, Ámsterdam parece ser unha das cidades que máis lle gustan aos lectores para unir co aeroporto de Lavacolla.

En canto ás compañías aéreas nas que os lectores preferirían para voar, parece que o de viaxar gastando pouco se impón. As compañías low cost son as máis solicitadas na enquisa. Easyjet e Ryanair levan a maioría de votos para ofrecer novos destinos. «Un mal servizo pódeno ofrecer todas. A puntualidade parece ser algo exclusivo das compañías baratas como Ryanair e Easyjet», escribe Juan Pérez desde Berlín. Tamén son numerosas as opinións que piden apostar por compañías españolas, como é o caso de Vueling.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas