GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Burela gaña poboación de Cabo Verde e Indonesia e perde de Perú

(01/04/2011)

Burela gaña poboación de Cabo Verde e Indonesia e perde de Perú

O 12,6% dos habitantes deste municipio son inmigrantes

Autor:
maría cadrado
Localidade:
burela / a voz
Data de publicación:

O 12,6% da poboación de Burela é inmigrante. Son os últimos datos facilitados polo Concello, que puxo antonte en marcha o plan de integración municipal para previr condutas discriminatorias, racistas e xenófobas.

A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, confirmou que tras varios exercicios solicitando unha subvención ao Ministerio de Traballo e Inmigración, este ano, ao incrementar a poboación inmigrante, o Concello burelense recibiu 10.000 euros para desenvolver un plan de integración municipal que, entre outros obxectivos, busca corresponsabilizar aos inmigrantes nas xestións e tarefas das administracións.

A edila de Benestar Social recoñeceu onte a vinculación directa da chegada de poboación inmigrante co crecemento do padrón. As cifras revelan que nos últimos anos a comunidade caboverdiana segue sendo a que máis cidadáns novos rexistra. Chama a atención que no 2007 estivesen rexistrados 251 veciños daquel país, cifra que aumentou ata os 404 actuais, moitos deles implicados en procesos de reagrupación familiar. Séguelle en importancia a comunidade de Perú, que no mesmo período pasou de 228 a 202 habitantes.

A edila indicou que tamén Portugal achegou nos últimos anos numerosos veciños ao concello mariñán. A comunidade lusa pasou de 110 do 2007 a 148 no 2011. Moitos poderían ser caboverdianos que chegan vía Lisboa. En Burela viven cidadáns de 37 nacionalidades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas