GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra. Multiculturalidad gastronómica

(22/03/2011)

Multiculturalidad gastronómica

Autor:
chelo lago
Data de publicación:

Inmigrantes prepararon onte pratos típicos dos seus países nun taller de comidas do mundo e os escolares tomaron a Alameda.

Cruz Vermella Pontevedra celebrou o Día da Eliminación da Discriminación Racial cun taller intercultural de comidas do mundo, coas persoas que habitualmente interveñen nos programas que desenvolve co colectivo de inmigrantes, no que figuran representantes de Ghana, Senegal, Albania, Marrocos, Ucraína, Brasil, Cuba, Alemaña Perú ou Colombia, entre outras nacións. Berta Segovia, traballadora Social de Cruz Vermella, subliñou ante os micrófonos de Radio Voz Pontevedra, que entre o colectivo co que traballan, ninguén se queixou por sentirse discriminado racialmente, máis ben ao contrario, consideran que a sociedade galega, e a pontevedresa en particular, é moi acolledora. Os participantes no taller levaron pratos típicos do seu país de orixe, que foron logo degustados polo resto dos asistentes. Entre outros, preparáronse un pastel pampuchcu de Ucraína, un kek de Albania, un suflé de bacallau brasileiro, panecillos alemáns ou un coco raiado de Cuba.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas