GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Musulmáns de Arteixo solicitan licenza de obra para o novo centro cultural

(15/03/2011)

Musulmáns de Arteixo solicitan licenza de obra para o novo centro cultural

Autor:
Arteixo / a voz
Data de publicación:
15/3/2011

A asociación cultural Abou Baker xa presentou a documentación necesaria no Concello de Arteixo para realizar obras na vivenda da Baiuca que acaban de adquirir. Trátase, segundo confirmou o colectivo, de obras menores para habilitar o espazo ás necesidades da organización: «Queremos facer as cousas segundo indica a lei e estamos á espera de que o Concello dea autorización para efectuar as obras».

A asociación tamén reiterou a súa intención de manter a mesquita no Alto de Arteixo, a pesar de que o local non reúne todas as condicións necesarias para exercer a súa actividade.

A este respecto, a comunidade explicou que xa se puxeron en contacto co dono do local e terán que realizar pequenas reformas: «Estamos a decidir se o propietario realizará as obras ou nos dá autorización para que as fagamos nós», indicaron representantes deste colectivo.

Tamén a asociación indicou que simplemente deben pechar a entreplanta que ten o baixo e dotar o local de extintores: «Basicamente é iso o que temos que facer», concluíron.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas