GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

José Raimundo Insua «A emigración está volvendo a Suíza en alto número»

(14/03/2011)

«A emigración está volvendo a Suíza en alto número»

Natural de Carantoña, recibe a diario correos de xente que busca traballo

Autor:
s. g. rial
Localidad:
carballo / la voz
Data de publicación:

José Raimundo Insua Méndez naceu en Braño (Carantoña-Vimianzo) fai 43 anos. En 1989 emigrou a Suíza, seguindo a estela do seu pai, un dos milleiros de veciños da Costa da Morte que moito tempo antes decidira buscar unha oportunidade nas terras helvéticas. Así chegou a Basilea, onde reside dende aquela, agás algunhas tempadas que pasou en España por motivos persoais.

Comezou na construción, sector que tivo que deixar tras unha intervención mal tratada «na sanidade privada». Traballa a tempo parcial, porque é pensionado, e boa parte do seu tempo dedícao a innumerables actividades relacionadas coa emigración, incluida a colaboración en varios medios. É o secretario do Consejo de Residentes Españoles (CRE) en Berna-Basilea (demarcación consular de Berna, unha das tres suízas). Dende aí, é un dos impulsores da plataforma contra a privación do voto exterior, que agrupa a entidades de todo o mundo, e tamén é o secretario da asociación de Alumnos y Antiguos Alumnos del Centro Asociado de la UNED en Berna (cursa entre cuarto e quinto de Dereito). E colabora activamente con Sementeira, unha das principais entidades galegas en Suíza.

-¿Que é o CRE e para que serve?

-É o órgano consultivo da oficina consular. Somos elixidos por sufraxio universal, pero non estamos equiparados aos concelleiros en medios. Con vontade, podemos facer moitas cousas, porque somos a canle entre a cidadanía e o consulado. O noso caso é peculiar, porque a lista que presentamos saíu da sociedade civil, prima o compromiso coa emigración e somos interlocutores coa Administración suíza e española. Se nos tivesen consultado cando prepararon a reforma la lei electoral, non pasaría o que pasou finalmente. Poñemos temas sobre a mesa de interese para todos, desde lexislativos ata os voos a Galicia.

-¿Como ve os novos fluxos migratorios?

-A emigración está volvendo a Suíza nun elevado número, penso que pode subir de xeito descomunal. Segue a cualifica dos últimos anos, pero tamén se incrementa a outra. Eu recibo correos electrónicos diariamente de toda España, de xente que pregunta, que quere traballar. Coñezo auténticos dramas, de quen me di que quere coller a manta e tirar para aquí. Nós o que facemos é dar información xurídico-laboral, orientar segundo a cualificación, facilitar enderezos, contactos con outras asociacións, e mesmo de outros países. Axudamos no que podemos.

 

-¿Chegan moitos galegos, veciños da Costa da Morte?

-Si, tamén, pero eses chegan porque xa teñen algún contacto persoal, algún coñecido que lles bota unha man, polo xeral non recurren ao CRE. Moitos pasan polo local da asociación Sementeira e tamén polos outros do país, que é un xeito de facilitar a súa integración.

 

-¿A colectividade galega está unida?

-Si. Hai entidades importantes, nas que está entrando xente nova que colle o relevo. Hai unha coordenadora entre centros con reunións periódicas. En Sementeira, o grupo de baile ten 60 persoas, e o coro, máis de 30.

 

-¿E segue habendo traballo?

-Vai por sectores. Nos anos 90, unha corrente neoliberal cargouse moitos empregos. Pero aínda así, hai bastante. A partir de marzo, e abril, nos servizos medran bastante. Chega xente de moitos partes, sobre todo de Alemania.

 

-Os emigrantes non poderán votar nas eleccións municipais. Vostedes loitan contra iso, pero parece que perderon a batalla.

-Xa veremos. Levamos traballando moito neste asunto, con numerosas reunións en Suíza e en España. O Defensor del Pueblo ten tres meses de prazo para presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a reforma lexislativa, como lle pedimos e lle xustificamos. Tomou nota e esperamos que o faga. Tamén nos están chegando as respostas das Comunidaes Autónomas, pouco a pouco. E estamos valorando a posibilidade de presentar un recuso de amparo civil.

raimundo insua secretario do cre berna-basilea

«No Consejo de Residentes Españoles pódese facer moito se hai vontade»

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas