GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha polémica que comezou en decembro

(11/03/2011)

Unha polémica que comezou en decembro

Autor:
redacción / a voz
Data de publicación:
11/3/2011

O 13 de decembro do 2010 o consello escolar do CEIP Arteixo aprobaba unha normativa que impedía aos alumnos acudir a clase con gorros, viseras, panos ou calquera outra cousa que cubrise a cabeza.

Unha das alumnas, que actualmente cursa sexto de primaria, leva o veo islámico básico ou hiyab, e o colexio avisouna da norma en Nadal, propóndolle que se quitase o veo de cando en vez; ela non o fixo e recibiu unha sanción verbal, ademais da ameaza do centro dunha expulsión.

Enseguida comezaron as reaccións: a alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto (PSOE), pedía sentido común para que a nena poida seguir estudando con normalidade; o director do colexio esixía do Concello que non se metese no funcionamento do centro; e o conselleiro de Educación comezou dicindo que «a alcaldesa boicotea a decisión do consello escolar».

A familia pensou entón en cambiar de centro á nena, mentres que o Concello levou o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia impugnando o regulamento interno do colexio. Era mediados de febreiro e o conselleiro de Educación volveu dicirlle á alcaldesa de Arteixo que non interferise no caso.

Á vez, o consello escolar do centro deu un ultimato á Xunta para que responda á legalidade da súa normativa e, se non, di, expulsaría á nena. A tensión foi crecendo e a familia da moza decidiu recorrer a un avogado e levar o caso aos tribunais. A finais de febreiro, a consellería pronunciouse: a prohibición é xusta en tanto que é unha norma do centro. O colexio intentou entón apurar os trámites para o traslado da alumna e o avogado da familia recordou que só se pode cambiar a un alumno por petición dos seus pai ou falta grave, e non é o caso. Por iso, esta mesma semana anunciaron demandas á Xunta e ao director do CEIP.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas