GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A familia da menor de Arteixo valora demandar ao director do colexio

(08/03/2011)

A familia da menor de Arteixo valora demandar ao director do colexio

O representante legal da familia podería demandar a José Luis Fernández polas súas declaracións nas que equiparaba o «hiyab» cun disfrace.

Autor:
e. silveira
Localidade:
arteixo / LA VOZ
Data de publicación:
8/3/2011

O representante legal da familia da nena de Arteixo que foi sancionada por levar o veo islámico en clase estuda emprender accións penais contra o director do CEIP Arteixo, José Luis Fernández Pardo, polas súas declaracións nas que equiparaba o hiyab cun disfrace. Tamén presentarían accións penais contra a Xunta no caso de que a resolución final que adopte a inspección educativa sexa o traslado da nena a outro centro. «Son dúas opcións que estudamos en serio», indicou o avogado Iván Jiménez-Aybar.

 

Tamén confirmou que onte pola tarde remitiu por correo administrativo á Xunta un informe xurídico no que recorda como se desenvolveron os feitos que derivaron na polémica sobre o uso do veo e no que advirte sobre irregularidades do proceso que seguiu á decisión do consello do colexio de trasladar á nena. Desde a Consellería de Educación aclararon onte que o expediente está aberto e que os técnicos da inspección educativa están a elaborar o informe que detallará a resolución e postura final da Administración autonómica respecto diso.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas