GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O director do colexio de Arteixo equipara o «hiyab» cun disfrace

(03/03/2011)

O director do colexio de Arteixo equipara o «hiyab» cun disfrace

«Todos sabemos que ninguén quere porse esas cousas nin disfrazarse», explicou o docente, que se mostrou convencido de que o único fin deste asunto é lograr popularidade.

Autor:
S. a. aRteixo / a voz
Data de publicación:
3/3/2011

O director do CEIP Arteixo, José Luís Fernández Pardo, equiparou onte o veo islámico cun disfrace. «Todos sabemos que ninguén quere porse esas cousas nin disfrazarse», explicou o docente, que se mostrou onte convencido de que o único fin deste asunto é lograr popularidade.

Fernández Pardo, que negou a posibilidade de que a menor fose expulsada, tamén indicou que non recibiu carta algunha do avogado da familia en que se lle explicase que podería incorrer nun delito se prohibía á menor levar veo en clase, xa que na fotografía do seu carné de identidade aparece co hiyab.

En canto á decisión tomada polo consello escolar de trasladar á menor de centro, Fernández Pardo explicou que a comunidade educativa pensou no ben da nena e que o que se pretende é dar «sensatez e cordura» a todo este asunto. Así mesmo, tamén indicou que se remitiu un burofax con acuse de recibo aos pais.

A Xunta aclarou que xa ten nas súas mans a decisión da comunidade educativa e que pedirá ao centro o expediente disciplinario da menor para comprobar que a sanción está debidamente xustificada. No caso de que así sexa, a Consellería de Educación explicou que se verificarían as prazas dispoñibles nos colexios máis próximos e procederíase ao traslado.

 

Ao Parlamento

O grupo parlamentario socialista explicou onte que levará este asunto ao Parlamento onde pedirán explicacións á Xunta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas