GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Educación só trasladará á alumna se é sancionada ou o piden os seus pais

(02/03/2011)

Educación só trasladará á alumna se é sancionada ou o piden os seus pais

A familia estuda solicitar unha moratoria ata o próximo curso se o Executivo aplica a medida. O Foro Galego de Inmigración denunciará á Xunta se muda á alumna musulmá de centro

02/03/2011
VIVIANA BURÓN | ARTEIXO

A Xunta condiciona o traslado da alumna musulmá do Colexio Novo de Arteixo que asiste a clase con veo á existencia dunha "sanción grave por parte do centro" ou a unha "petición por parte da familia", despois de que o consello escolar decidise, o pasado luns, solicitar á Consellería de Educación o cambio de escola. Así o asegura o conselleiro Jesús Vázquez, que reitera a súa intención de respectar a autonomía do centro á espera de coñecer o acta do órgano escolar.

"Para que nós podamos levar a cabo esa solicitude de cambio tense que dar algunha desas circunstancias", sostén o titular do departamento autonómico, que opta pola "prudencia" ata estudar a resolución do consello escolar e porse en contacto co centro.

Xunta, Goberno local e o avogado da familia, Iván Jiménez Aybar, non recibiran ao peche desta edición, segundo aseguraron, notificación algunha por parte do consello escolar, a pesar de que este avanzou a súa intención de remitirlle onte a resolución na que se pide á Consellería de Educación que traslade de centro á menor de doce anos porque acode a clase co hiyab, o que supón unha infracción do regulamento do colexio.

Jiménez Aybar explica que os pais da pequena atópanse "nerviosos" ante a decisión do Executivo galego. "Aínda que consideramos que a postura do consello escolar supón un cambio de criterio positivo porque deixa entrever que non se vulnerou o regulamento, deberanse estudar as consecuencias que terá para a nena cambiarse de colexio a metade de curso", subliña. O avogado aposta por establecer unha moratoria na aplicación do traslado. "O regulamento aprobouse en decembro polo que o mínimo que poden facer é deixar decidir á familia se queren efectuar agora o cambio ou esperar a principios do próximo curso", relata.

Os pais da menor musulmá xa reclamaron á Xunta o pasado 10 de febreiro o traslado da súa filla ao CEIP Ponte dos Brozos, colexio situado enfronte do actual e que permite o uso do veo, ante a posibilidade de que o consello escolar castigase á nena cunha expulsión temporal por levar a cabeza tapada en clase, o que vai en contra do regulamento aprobado aínda que, finalmente, aconsellados polo seu avogado, paralizaron esta solicitude.

O Foro Galego de Inmigración avanza xa que interporá unha denuncia contra a Xunta se traslada á menor de colexio. Comisións Obreiras denuncia unha actitude "irresponsable" por parte do Executivo galego e UXT acúsalle de ser "incapaz" de establecer un "criterio claro" en relación ao uso do veo nos centros escolares. A parlamentaria do Bloque Nacionalista Galego Carme Adán reclama que se garanta a escolarización en igualdade de condicións para todo o alumnado galego, independentemente das súas crenzas relixiosas".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas