GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración sitúase en contra da solicitude de traslado da menor musulmá

(01/03/2011)

O Foro Galego de Inmigración sitúase en contra da solicitude de traslado da menor musulmá

--------------------------------------------------------------------------------


28/02/2011 - Galiciaé/Axencias

O Foro Galego de Inmigración (FGI) pronunciouse este luns  en contra da decisión do Consello Escolar do CEIP de Arteixo de solicitar o traslado dunha alumna, "polo feito de utilizar veo".

Segundo este foro a solicitude de traslado desta alumna "é un xeito indirecto de expulsala do centro, polo simple feito de utilizar veo, que é un elemento que forma parte da súa cultura e a súa relixión", polo que estiman que esta medida é discriminatoria coa alumna e coa súa familia.

O FGI tamén se manifestou sobre o papel da Xunta no conflito, tachando ao Goberno pola súa "indefinición, morneza e falta de compromiso para propor unha alternativa, que a propia Comunidade Educativa do CEIP de Arteixo estaba disposta a aceptar e asumir, ata solicitándoo en repetidas ocasións". Para o FGI, esta actitude está provocando "o mantemento no tempo dunha situación de conflito".

Indica este colectivo que se a Xunta, a través da Consellería de Educación, autoriza este traslado-expulsión, interporán unha denuncia por vía xudicial contra este Departamento do Goberno galego, por tolerar e apoiar un comportamento discriminatorio cunha persoa, que o único que quere é defender a súa cultura e relixión, sen ofender a ninguén.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas