GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Monforte. Só o 2% de quen poderán votar en maio son estranxeiros

(25/02/2011)

Só o 2% de quen poderán votar en maio son estranxeiros

Moi poucos residentes foráneos participarán nas municipais

Autor:
carlos cortés
Localidade:
monforte / a voz
Data de publicación:
25/2/2011

As eleccións de maio serán as primeiras nas que poderán votar boa parte dos estranxeiros empadroados aquí, pero no sur da provincia a súa participación apenas se vai a notar. Só representarán o 2% do censo de electores que poderán exercer o seu dereito ao voto para elixir aos alcaldes do sur da provincia de Lugo.

Monforte é o municipio con máis estranxeiros con dereito a voto, pero non pasan de setenta. Para facernos unha idea do escasísimo peso que terá o voto estranxeiro no resultado electoral, basta explicar que para conseguir o primeiro concelleiro en Monforte é preciso conseguir entre catrocentos e cincocentos votos, en función da participación.

En Monforte están empadroadas, segundo os últimos datos dispoñibles, preto dun milleiro de persoas nacidas nalgún país estranxeiros. A reforma legal que se estreará nestas eleccións municipais non lles permitía inscribirse para votar a todos, pero en calquera caso os dados de alta no censo electoral só son o 1,5% do total.

Unha vez descontados os menores de idade, para saber cantos dos estranxeiros poderían realmente reclamar o seu dereito ao voto hai que restar tamén a todos aqueles que nazan fóra da Unión Europea e de Colombia, Ecuador, Perú, Chile, Paraguai, Noruega e Nova Zelandia, os países cos que España asinou acordos específicos que permitirán aos seus nacionais participar neste proceso electoral. Claro que estes últimos tiñan que acreditar que levan polo menos cinco anos residindo en españa de forma ininterrompida.

 

Tiñan que pedilo

Pero a súa entrada no censo de potenciais votantes non era automática. Tiñan que darse de alta e a porcentaxe dos que o fixeron é moi baixo na maioría dos municipios da zona. Ata naqueles nos que os estranxeiros mostraron máis interese por participar na elección de alcaldes, a súa influencia real será mínima porque son moi poucos.

É o caso de Sober, onde se inscribiron como votantes o 31% dos 65 estranxeiros empadroados; ou o do Saviñao, co 27% dun total de 137. Nestes dous municipios e en todos os demais, a maioría dos inscritos como votantes son naturais de países da Unión Europea.

Dos outros sete países con convenio non se apuntou case ninguén, só tres persoas no conxunto dos municipios do sur da provincia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas