GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anna Terrón: "A inmigración en España entrou en un novo ciclo"

(23/02/2011)

Anna Terrón: "A inmigración en España entrou en un novo ciclo"
ENTREVISTA- La inmigración en España ha entrado en nuevo ciclo
Por Judy MacInnes e Itziar Reinlein

MADRID (Reuters) - A inmigración en España entrou nun novo ciclo onde o fenómeno de fluxos intensos de entradas xa non se dá por mor da grave crise económica que levou ao paro a máis de catro millóns de persoas, entre eles máis de 600.000 inmigrantes, dixo a responsable da política migratoria española.

O prioritario agora é solucionar a crise e consolidar a inmigración de longa duración, seguindo un modelo propio español que non ten nada que ver co multiculturalismo do que recentemente renegaron algúns países europeos.

"Queremos consolidar esa inmigración regular que paga impostos", dixo Anna Terrón, secretaria de Estado para a Inmigración e Emigración, nunha entrevista con Reuters, con motivo do novo Regulamento que desenvolve a lei de Estranxeiría aprobada en decembro de 2009.

A secretaria dixo que era importante destacar que actualmente en España hai máis de 1,7 millóns de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social, un 36 por cento do total dos 4,7 millóns de cidadáns estranxeiros con residencia legal.

Pero o fin dun modelo económico baseado nunha longa década do boom inmobiliario e da construción deixou a 619.000 inmigrantes no paro (un 15% do total de desempregados) e moitos deles atópanse con situacións sociolaborais moi complicadas.

"O problema é que houbo unha inmigración que veu a cubrir postos de traballo moi pouco cualificados e moitos deles desapareceron e non volverán", dixo Terrón, aínda que sinalou que a pesar da crise hai empregos especialmente duros, como a xestión de residuos ou tratamento de lixo, que seguen sendo difíciles de cubrir.

España quere agora facilitar os trámites para a captación de profesionais cualificados e competir no mercado internacional de talento e introduciu no regulamento excepcións á concesión do cartón azul europeo destinado a este tipo de traballadores máis formados.

Por mor da crise, España puxo en marcha programas de retorno voluntario para os inmigrantes que desexen volver aos seus países de orixe, cuxas economías están en fase de crecemento como Perú ou Brasil, pero non tiveron o éxito esperado porque moitos deles temen perder o conseguido en España.

Calcúlase que desde que comezou a crise en 2008 regresarían aos seus lugares de orixe uns 30.000 estranxeiros.

RETORNO E REAGRUPACIÓN

O novo regulamento de Estranxeiría introduciu como principal novidade respectar a antigüidade e os dereitos dos inmigrantes que volvan aos seus países e queiran regresar a España logo de tres anos.

"Previmos no regulamento que estas persoas poidan marcharse e se, logo de tres anos, volven ter as condicións para vir (un contrato de traballo, principalmente) non teñen que porse os últimos da fila senón que se lles vai a respectar o que xa tiñan, por exemplo unha residencia de longa duración", dixo a secretaria de Estado.

Para os que xa están aquí e queren traer á súa familia, o regulamento introduce o que denomina a "obxetivación de medios económicos", que fixa a contía mínima de ingresos que debe acreditar o solicitante dun permiso de residencia por reagrupación familiar, que ademais debe demostrar que dispón dunha vivenda adecuada para aloxala.

"Fixemos unha proposta que pode estar ao redor dos 800-900 euros para o primeiro familiar, e logo esa cantidade aumentaría máis ou menos 200 euros por cada familiar adicional", dixo Terrón sobre a nova normativa que regula o día a día da inmigración e que xa conta co respaldo de sindicatos e patronal, dentro do proceso de diálogo aberto antes da entrada en vigor, previsiblemente nos próximos dous meses.

En España hai 2,3 millóns de inmigrantes extracomunitarios, que son aos que se aplican as leis de estranxeiría, moi vinculadas ao mercado laboral, sendo os marroquís, con máis de 700.000 residentes, a nacionalidade máis numerosa.

No entanto, o maior grupo de estranxeiros residentes en España é o romanés, con máis de 800.000 residentes en España, pero ao ser o seu país membro da Unión Europea réxense polas leis comunitarias de libre circulación e non pola lei de Estranxeiría.

MODELO MULTICULTURAL

Respecto ao modelo de integración dos inmigrantes na sociedade, a secretaria de Estado dixo que España xamais optara polo multiculturalismo que agora países como Alemaña, Reino Unido e Francia consideran fracasado.

"Nós non apostamos nunca pola multiculturalidade, nunca desenvolvemos un modelo de interlocución con colectivos, culturas, relixións máis aló da persoa", dixo na entrevista.

"Sempre nos centramos no individuo, na persoa, en establecer un marco de obrigacións e dereitos para a persoa. apostamos por un modelo intercultural de integración individual na nosa sociedade", engadiu.

A chanceler alemá, Angela Merke, dixo fai meses que o intento de Alemaña de crear unha sociedade multicultural "fracasou por completo", o que avivou o debate sobre inmigración e integración particularmente da poboación islámica. Reino Unido e Francia sumáronse posteriormente a mesma mensaxe e mostráronse partidarios de pedir máis aos inmigrantes para que se integren nas sociedades de acollida e fomentar os valores occidentais.

Anna Terrón admitiu que a inmigración non está normalizada en España, que hai moitos problemas, uns derivados da situación sociolaboral das persoas e outros da fricción de xeitos de ver a vida diferente.

"Non hai  receitas máxicas, nin atallos para resolver todo isto", dixo, referíndose á proposta de normas para, por exemplo, prohibir os burkas ou o veo islámico en espazo municipais.

"En España non hai burkas, hai veos integrais pouquísimos... O importante é que (cando cumpra) póidaselle esixir á xente a identificación e que iso o fagamos coas normas que temos e as leis xerais", dixo en xeral sobre o mellor xeito de resolver os problemas de convivencia que poidan xurdir entre distintas culturas.

MUNDO ÁRABE

Desde o inicio dos levantamentos populares en países árabes de Oriente Próximo e norte de Africa en xaneiro, España non viu ningún sinal de aumento da presión migratoria procedente desa rexión.

"En España neste momento non chegou ningún fluxo migratorio por este motivo, pero o control das nosas fronteiras segue sendo unha prioridade para nós", dixo Terrón respecto das preocupacións de Italia tras a chegada ás súas costas de máis de 4.000 inmigrantes de Tunisia. Italia pedirá o mércores nunha reunión de urxencia da UE endurecer a entrada de inmigrantes ilegais ao bloque de 27 países.

As revoltas en Tunisia e Exipto nas últimas semanas derrocaron aos seus veteranos líderes tras décadas no poder, e inspiraron protestas en demanda de cambios democráticos en todo o mundo árabe, incluída Libia, Bahréin, Iemen, Alxeria e Marrocos.

Terrón pediu que a Unión para o Mediterráneo, con sede en Barcelona, apoie e promova os movementos democráticos e axude aos gobernos en transición, coincidindo coas declaracións do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero.

Zapatero aplaudiu o luns en termos xerais os procesos de democratización aos que se están vendo forzados algúns países da rexión e destacou que Europa debería apoiar os procesos política e economicamente.

"A Unión Europea debe estar disposta, preparada para facilitar ante todo axuda económica", dixo Zapatero nunha entrevista exclusiva con Reuters.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas