GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arteixo leva ao TSXG a norma que prohibe á nena usar veo

(21/02/2011)

Arteixo leva ao TSXG a norma que prohibe á nena usar veo

O Concello impugna o regulamento do colexio onde estuda a menor

Autor:
Susana Acosta
Localidade:
Arteixo / a voz
Data de publicación:
19/2/2011 -

O asunto da nena sancionada por levar veo a clase deu onte un xiro de 180 graos despois de que o Concello de Arteixo remitise ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) un anuncio contencioso para impugnar o regulamento interno do CEIP Arteixo que foi aprobado en decembro e polo que se prohibe aos alumnos utilizar gorros e panos en clase.
A decisión, que foi tomada polos socialistas en xunta de goberno, non contou co beneplácito de Terra Galega (TeGa), o seu socio de goberno, que se abstivo porque considera que a medida é equivocada. O edil de TeGa, Xosé Márquez, que ademais é o representante municipal no consello escolar do CEIP Arteixo, afirmou que na aprobación do regulamento non existiu nunca «mala intención» por parte da comunidade educativa. Nese sentido, indicou que el tamén votou a favor do regulamento porque nin sequera reparou no contido do polémico artigo.
Márquez non está de acordo coa decisión adoptada polos seus socios na xunta de goberno. Ademais, asegura que os edís de TeGa non votaron en contra desta medida «por educación» e preferiron absterse. Considera o edil que ao asunto estáselle dando «demasiado bombo» e que hai que pensar que hai unha menor implicada nesta polémica. O concelleiro de Obras tamén falou abertamente de que existe «manipulación política» no caso.
Pola súa banda, a alcaldesa de Arteixo, PilarSouto, manifestou onte pola mañá que ningún regulamento interno debe estar por encima da lei que permite a liberdade relixiosa dos cidadáns, e pola tarde explicou que a razón da demanda débese «exclusivamente» a que a normativa indica as funcións dos traballadores municipais do colexio, algo que non lle corresponde a ese organismo decidilo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas