GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Aquí hai desocupados, pero non mortos de fame»

(14/02/2011)

«Aquí hai desocupados, pero non mortos de fame»

Os arxentinos que resisten en Galicia

Autor:
E. V. Pita Dolores vázquez
Localidade:
vigo / a voza coruña / a voz
Data de publicación:
13/2/2011

«O concepto de crise depende de onde esteas parado; e se isto é crise, ¿o de Haití que é?»

San Telmo, barrio bonaerense no que residían, é o nome da tenda de antigüidades e restauración da Coruña que montou o matrimonio formado por María Luz Ripa Días, de 43 anos, e Jorge Anllo Lestón, de 45, para que ela traballase tras abandonar, en decembro do 2001, Arxentina. «Viñemos o fin de semana que comezou o último gran balbordo do corralito», explica María Luz, que recoñece que o traslado foi unha fuxida da inseguridade e unha procura dunha mellor calidade de vida, aínda que son rápidos ao afirmar que non tiveron que sufrir ningún suceso violento. «A crise alá xerou moitas diferenzas de clases sociais, violencia na cidade e tiñamos oportunidades de virnos», explica Jorge, con nai de Esteiro (Muros) e pai de Muimenta (Cospeito). Atrás deixou el o seu traballo nun banco americano como técnico de comunicacións. Di que non se arrepinte e que a decisión foi para buscar un futuro para os seus fillos, Tomás, que agora ten 20 anos e estuda Ciencias do Mar en Vigo, e Alejo, de 17 e que está a terminar bacharelato.

Tiñan claro o de montar un negocio ao chegar. «Hoxe non fariamos o mesmo», aclaran. Ela ocúpase da tenda e el leva un ano sendo mariñeiro (ocupándose dos labores de mantemento e atendendo aos usuarios) no Real Club Náutico coruñés. Aínda que cren que viñeron a destempo, cando a crise xa chegara a este continente, non hai nin un mínimo de arrepentimento naquela decisión. «Viaxar dáche puntos de comparación. Alí hai un extremo de miseria que aquí non vexo», explica Jorge. E filosofa: «O concepto de crise depende de onde esteas parado, e se isto é crise, ¿o de Haití que é?». María Luz matiza e comenta: «Aquí hai desocupados, pero non mortos de fame».

Os anuncios de que en Arxentina, ata en Uruguai ou Brasil, hai mellores perspectivas non lles atraen. «Non viñemos como negocio, senón buscando o que non tiñamos alá. Deixas a familia e os amigos, pero os meus fillos aquí se crían doutro xeito, non estás preocupado cando salguen», comenta Jorge. Respecto de non retornar, asegura tallante: «Nunca pensei en non volver nunca». Por iso fixeron unha viaxe, pero de ida e volta, hai catro anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas