GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os partidos de Arteixo piden tolerancia entre culturas

(08/02/2011)

Os partidos de Arteixo piden tolerancia entre culturas

P. O. - A Coruña - 08/02/2011

Os catro grupos políticos que integran a Corporación Municipal de Arteixo (PSOE, Terra Galega, PP e BNG) fixeron onte un chamamento unánime "e firme á tolerancia, á tranquilidade e á convivencia cidadá" tras as sucesivas tensións veciñais polo local social que fai as veces de mesquita ou a decisión dun colexio público da localidade de prohibir a unha alumna asistir a clases coa cabeza cuberta por un veo. Neste municipio limítrofe coa Coruña viven uns 30.000 habitantes, entre os que hai persoas procedentes de máis de 50 nacionalidades e que representan "unha ampla diversidade de culturas sen que nunca esa diferenza fose motivo de disputa ou conflito grave", apuntan os concelleiros de todas as forzas políticas.

O Concello, gobernado polos socialistas en coalición con Terra Galega (Tega), afirma que nunca vulnerou o principio da Constitución que declara España un país aconfesional e que outorga a todos os cidadáns liberdade absoluta de credo e relixión. Os edís da Corporación ao completo advirten que non permitirán que eses principios "sexan vulnerados por ninguén". Todos os habitantes de Arteixo teñen os mesmos dereitos e deberes, continúan os portavoces dos catro partidos. "E é responsabilidade de todos lograr que Arteixo siga sendo un exemplo de convivencia nun mundo cada vez máis globalizado".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas