GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Algúns adiantos sobre o que trae o Regulamento de Estranxeiría

(07/02/2011)

Algúns adiantos sobre o que trae o Regulamento de Estranxeiría
Luns, 07 de Febreiro de 2011
poblaciónEsta semana coñecerase o contido do Regulamento da Lei de Estranxeiría, segundo anunciou fai algúns días a Secretaria de Estado de Inmigración. Pero xa coñecemos algúns dos seus contidos: mellora a protección ás inmigrantes vítimas de violencia de xénero, establece un informe de integración para pedir a residencia por arraigamento e respecta a antigüidade do permiso de residencia e traballo aos estranxeiros que se acollan aos plans de retorno.

Algúns medios de comunicación adiantaron este fin de semana parte dos contidos que incluirá o esperado Regulamento de Estranxeiría, que debia estar listo en maio do ano pasado para desenvolver a reformada Lei de Estranxeiría aprobada a finais de 2009.

A protección ás mulleres inmigrantes que son vítimas de malos tratos amplíase e se están en situación administrativa irregular, poderán acceder a un permiso de residencia provisional desde o momento no que denuncie ao seu presunto agresor. Se ao finalizar o procedemento xudicial o maltratador resulta condenado, faleza ou se acredite por outras vías que houbo unha agresión, a muller recibirá un primeiro permiso de residencia automático de 5 anos de duración, con autorización para traballar incluída e extensible aos fillos.

Outra medida que fomenta a denuncia de agresións por parte das mulleres estranxeiras é que se establece que ningunha muller inmigrante que sexa presuntamente vítima de violencia de xénero será expulsada. Se é irregular, poderá denunciar os feitos ante calquera comisaría ou xulgado sen que se lle abra un expediente de expulsión.

Unha das novidades que máis chamaron a atención é a creación dun 'Informe de Integración', que se deberá emitir para calquera estranxeiro que solicite o permiso de residencia por arraigamento social ou para conseguir renovar os seus documentos. Trátase dun modelo común a todas as Comunidades Autónomas que poderán delegar a súa elaboración nos concellos, pero que non valorará o 'civismo' do cidadáns estranxeiro e que non será vinculante para a autorización do permiso. Iso si, pode 'sumar puntos' á hora da concesión do permiso, sobre todo en casos en lso que falte cumprir algún requisito (como un mes de cotización á Seguridade Social).

Que aptitudes terán unha valoración positiva? O coñecemento da lingua española e doutras linguas oficiais, coñecer os valores constitucionais, dos estatutos de autonomía da súa comunidade, o respecto á igualdade entre homes e mulleres e á tolerancia. Así mesmo, computará de xeito positivo realizar cursos de formación para o mercado laboral.

Así mesmo, o documento estipula que os inmigrantes que se acollan aos plans de retorno voluntario ao seu país non perderán a antigüidade dos seus permisos de residencia e traballo en España, de modo que se fomente a 'inmigración circular', é dicir, que cando a situación económica en España mellore e requírao, poidan volver para traballar novamente. RedInmigrante.é

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas