GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Canastras para a integración

(25/01/2011)

Canastras para a integración
250 inmigrantes xogan no Mundialito de Baloncesto

DAVID R. NELSON - Madrid - 24/01/2011

¡Piiiiii! Soa o pito do final do partido e gran parte da bancada aplaude eufóricamente e celebra con berros de "¡Dominicana! ¡Dominicana!". O seu equipo acaba de gañar, por 72-61, a final do Mundialito de Baloncesto pola Inmigración contra o equipo de Ecuador. O torneo, xogado durante os últimos dous fins de semana, chegou á súa culminación onte no polideportivo Magariños, na rúa de Serrano. A competición, que contou con case 250 xogadores de 12 países, ten como obxectivo fomentar a integración e foi organizada pola Federación Española de Baloncesto e a Comunidade de Madrid.

Jorge Rosario, xogador dominicano, mostrouse bastante contento coa actuación do seu equipo, que gañou as catro edicións do Mundialito. O pivote, que vive en Legazpi pero xoga para o equipo Gerindote en Castela-A Mancha, admitiu que viñeran pensando que poderían "repetir os éxitos dos anos anteriores".

Carlota Castrejana, directora xeral de Deportes da Comunidade, presidiu a cerimonia de clausura, pero antes seguiu o partido co interese de alguén que coñece o deporte: xogou para a selección española de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992. Para Castrejana ter equipos de China, Estados Unidos e Marrocos xogando xuntos "axuda moito á integración".

O equipo finalista ecuatoriano foi un bo exemplo da idea que intenta promover o torneo. Segundo a normativa da competición, cada equipo ten que ter cinco xogadores nativos do país, pero os demais poden ser de calquera sitio. Ecuador contaba con xogadores de Paraguai, España, Arxentina e ata dous dominicanos, o seu rival na final.

A ONG Fundación Deporte e Cooperación, que promove a integración social por medio do deporte, axudou coa organización. Thomas Dalury, o seu representante, explicou que ata xogar durante o fin de semana ten os seus problemas. "Case todo o equipo filipino traballa ata moi tarde en restaurantes e empezar pronto pola mañá foi difícil para eles", dixo.

A Federación de Baloncesto busca promover a participación das mulleres e tamén organizou un partido feminino. República Dominica gañou esta vez contra Bolivia: 47-42.

David Paredes, xogador ecuatoriano que destacou pola rapidez dos seus ataques, resumiu así a importancia da competición para os seus participantes: "Esperamos todo o ano para xogar aquí".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas